José André Lôpez Gonçâles, ou André da Ponte, nado en 5 de outubro de 1955 no lugar da Ponte, Os Vilares (Guitiriz) é un tradutor e escritor galego.
Traxectoria
Emigrado de novo ao País Vasco, alí estudou Ciencias da Información e traballou durante 30 anos como delegado de vendas nunha empresa siderúrxica. Militante desde 1975 da Unión do Povo Galego, participou na fundación do Bloque Nacional-Popular Galego e do Bloque Nacionalista Galego en Euskal Herria. Seguidor da norma reintegracionista do galego, ten publicado diversas obras poéticas e impulsado múltiples traducións, publicacións e revistas de pensamento marxista.
No 31 de decembro de 2006 publicou no Portal Galego da Língua o artigo O Apalpador: Personagem mítico do Natal galego a regaste. Este traballo de investigación iniciou a recuperación da figura do Apalpador, unha personaxe lendaria do Nadal galego conservada só nas montañas orientais galegas. Posteriormente, no 2011 participou na obra colectiva editada pola A.C Gentalha do Pichel: “Teoría de inverno, Os presentes do Apalpador”.
Na actualidade reside en Madrid.
Obra Onde o vento leva un sonho de carpaças. A.C. Rosalía de Castro. Bilbao. (1990). O Cemitério Marinho (tradución ao galego-portugués). Obra orixinal de Paul Valéry. (2015). Rimas de Frei Bento do Santo Nome de Santo Alberte. A.C Xermolos. Guitiriz. (2016). José María Chao Ledo. Obra completa en galego (2018). Sonata dum Quebrado Violino (2019). Vladimir Ilich Lenine (tradución ao galego-portugués) (2019). No fulgor das sombras (2020).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
O Apalpador: personagem mítico do natal galego a resgate. Portal Galego da Língua (2008).
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Guitiriz