David Van Cortlandt Crosby nado nos Ánxeles, California, o 14 de agosto de 1941 e finado o 19 de xaneiro de 2023, foi un coñecido guitarrista e cantautor. Foi membro fundador do grupo The Byrds e de Crosby, Stills, Nash & Young (CSNY). É membro do Rock and Roll Hall of Fame polo seu traballo con The Byrds e con Crosby, Stills, Nash & Young.

Traxectoria Os seus pais foron Aliph Van Cortlandt Whitehead e Floyd Crosby, gañador dun Oscar ao mellor director de fotografía. Os dous divorciáronse en 1960, cando Crosby tiña 19 anos.

Carreira artística

The Byrds A principios de 1964 Crosby tocou nalgúns clubs con Roger McGuinn (entón coñecido como Jim) e Gene Clark baixo o nome de Jet Set. Axiña cambiaron o seu nome a The Byrds, e xuntáronse o baixista Chris Hillman e o batería Michael Clarke (a quen Crosby descubriu tocando bongos na praia). Dalgunha maneira conseguiron unha demo da canción de Bob Dylan "Mr. Tambourine Man" e gravaron a súa propia versión, con McGuinn usando unha guitarra de 12 cordas mentres Crosby e Clark acompañaban con harmonías vocais. A canción foi un grande éxito, chegando ao número 1 das listas.

McGuinn foi o encargado de dar un son característico co seu Rickenbacker 360/12 (idea que obtivo da guitarra que George Harrison utilizou no filme A Hard Day's Night), e Crosby foi o responsable das altas e fermosas harmonías vocais e, moitas veces, do fraseo nas súas cancións.

En 1966, Gene Clark, entón o vocalista e compositor principal, retirouse do grupo debido ao estrés. Isto levou a que McGuinn e Crosby fosen os cantantes principais. Crosby tivo a oportunidade de mellorar o seu oficio, converténdose pronto nun cantautor prolífico e talentoso. As súas contribucións inclúen a canción de 1966 "Eight Miles High", coescrita con Clark e McGuinn, e a súa outra cara, Why, coescrita con McGuinn, que mostra a Crosby no seu mellor momento. Tamén se coñece a súa versión da canción "Hey Joe" despois de ser retomada por Dino Valente. Presentáballe a canción a Bryan MacLean e Arthur Le da banda de pop Love, quen máis tarde lla ensinou aos membros de The Leaves. Sentíndose responsable de popularizar a canción, Crosby convenceu aos outros membros de The Byrds para que a interpretasen no disco de Fifth Dimension. Para o álbum de 1967 Younger Than Yesterday, Crosby comezou a atopar a súa propia marca e estilo.

En 2016 publicou Lighthouse. Un adianto do álbum foi a canción titulada "Things we do for love" que David Crosby dedica á súa muller.

Discografía

1971 "If I Could Only Remember My Name" (Atlantic) 1989 "Oh, Yes I Can!" (Atlantic) 1993 "Thousand Roads" (Atlantic) 1994 "It's All Coming To Me Now!" (Live)(Atlantic) 1996 "Live On The King Biscuit Flower Hour" (Live) (King Biscuit) 2006 "Voyage" (Box-Set) (Rhino) 2014 "Croz" (Blue Castle) 2016 "Lighthouse" (Ground UP) 2017 "Sky Trails" 2018 "Here If You Listen" (BMG Music)

Actor de voz Crosby apareceu na serie animada The Simpsons, dando voz a dous episodios. O primeiro foi Marge in Chains, o penúltimo episodio da cuarta tempada, no que Crosby aparece como padriño de AA do avogado Lionel Hutz. O segundo foi Homer's Barbershop Quartet, que pertence á quinta tempada, no devandito capítulo Crosby aparece como anfitrión dunha entrega ficticia de premios Grammy .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Crosby, Stills, Nash & Young Love

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles