Goliathus goliatus é unha especie de escaravellos da familia Scarabaeidae, chamado escaravello goliat.

Descrición

Goliathus goliatus é unha das especis máis grandes do xénero Goliathus; os machos teñen unha lonxitude corporal de 50-110 mm e as femias de 54-80 mm. O pronoto (escudo torácico) é principalmente negro, con bandas lonxitudinais abrancazadas, mentres que os élitros son xeralmente marróns escuros. Este padrón pode diferir moito nalgunhas das moitas formas de cor.

Esta especie posúe un par de ás grandes e membranosas que utiliza para voar. Cando non as usa están gardadas completamente dobradas baixo os élitros. A cabeza é de tons brancos, cun corno negro con forma de Y nos machos, utilizado como unha panca nas batallas contra outros machos polos sitios de alimentación e as femias. Aliméntanse principalmente nas árbores do seu zume interno e de froitas.

As larvas desta especie chegan a superar os 100 g de peso nas fases previas á súa conversión en pupa, o cal é un dos maiores pesos dun escaravello.

Distribución

Esta especie está estendida de oeste a leste en África ecuatorial (Nixeria, Camerún, República Centroafricana, Gabón, República do Congo, República Democrática do Congo, Uganda, oeste de Kenya e noroeste de Tanzania).

Hábitat Goliathus goliatus está presente principalmente nos bosques ecuatoriais e nas sabanas subecuatoriais.

Exhibido en 1959 no museo da cidade de Nova York O 1 de xaneiro de 1959, unha especie de Gabón, que se cría que era o primeiro escaravello deste tipo visto vivo nos Estados Unidos de América, estivo exposto no Museo Americano de Historia Natural de Nova York.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Natural World Goliathus Beetle Space

Categoría:Animais descritos en 1771 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Scarabaeiformia