O xilomanano é unha molécula anticonxelante, que se encontra no escaravello de Alasca tolerante á conxelación Upis ceramboides. A diferenza das proteínas anticonxelantes, o xilomanano non é unha proteína senón unha combinación dun azucre oligosacárido (con manosa e xilosa) e un ácido graxo que se encontra na membrana celular. Como tal, espérase que funcione de maneira distinta que as proteínas anticonxelantes e crese que o fai incorporándose directamente na membrana celular e impedindo a conxelación da moléculas de auga dentro da célula.
O xilomanano tamén se encontra na alga vermella Nothogenia fastigiata (da familia Scinaiaceae). A fracción F6 do xilomanano sulfatado de Nothogenia fastigiata inhibe a replicación de varios virus, incluíndo o virus do Herpes simplex tipos 1 e 2 (HSV-1, HSV-2), o citomegalovirus humano (HCMV, HHV-5), o virus respiratorio sincitial (RSV), o influenzavirus A, influenzavirus B, virus Junin e Tacaribe, virus da inmunodeficiencia simia e (feblemente) os virus da inmunodeficiencia humana tipos 1 e 2.
Notas
Categoría:Criobioloxía