Edward Dodwell, nado o 30 de novembro de 1767 e finado o 13 de maio de 1832, foi un pintor, viaxeiro e escritor irlandés sobre arqueoloxía.

Traxectoria miniatura|240x240px| Pintura do bazar de Atenas, de Dodwell.|esquerda Familia e formación miniatura|240x240px| "Fronte occidental do Partenón", Views in Greece, Londres 1821|esquerdaDodwell naceu en Irlanda e pertencía á mesma familia que Henry Dodwell, o teólogo. Estudou no Trinity College de Cambridge.

Carreira Dodwell viaxou de 1801 a 1806 a Grecia, que entón formaba parte do Imperio Otomán, e pasou o resto da súa vida na súa maior parte en Italia, en Nápoles e Roma. Morreu en Roma polos efectos dunha enfermidade contraída en 1830 durante unha visita de exploración ás montañas Sabinas. A viúva de Dodwell, filla do conde Giraud e trinta anos menor que el, fíxose posteriormente famosa como a "fermosa" condesa de Spaur, e xogou un papel considerable na vida política da cidade papal.

Dodwell publicou A Classical and Topographical Tour through Greece (1819), do que apareceu unha tradución ao alemán en 1821; Vistas en Grecia (Views in Greece), con trinta láminas de cores (1821); e Vistas e descricións de restos cíclopes ou pelásxicos en Italia e Grecia (Views and Descriptions of Cyclopian or Pelasgic Remains in Italy and Greece, Londres e París, con texto francés, 1834).

Notas

Véxase tamén

Pintor de Dodwell

Ligazóns externas

Copias facsimil das primeiras edicións dos tres libros de Dodwell Categoría:Finados en 1832 Categoría:Nados en 1767 Categoría:Arqueólogos Categoría:Grecia antiga Categoría:Pintores de Irlanda