María Isabel Rivera Torres, máis coñecida como Mabel Rivera, nada en Ferrol o 20 de xuño de 1952, é unha actriz galega.Currículo na páxina da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Traxectoria Actriz de enorme experiencia teatral. En Galicia deuse a coñecer nos anos 90 como protagonista da comedia de maior éxito da TVG, Pratos Combinados, onde interpretou o personaxe de Balbina Santos. Máis tarde chegoulle o recoñecemento a nivel estatal ao ser unha das actrices da oscarizada película Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya á Mellor actriz secundaria.

Traballou tamén en publicidade, ademais de como presentadora, axudante de dirección e actriz de dobraxe.

É Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e fala castelán, galego, inglés e francés.

Cine El bosque animado (1987), de José Luis Cuerda. Como Sra. Gundín. El viaje de Carol (2002), de Imanol Uribe. Inútil (2001), de Paco Rañal. Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar. Como Manuela Sampedro. Máis ca irmáns (2005), de Ramón Costafreda. Como Remedios. Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Josefa. Faltas leves (2006), de Jaume Bayarri e Manuel Valls. Como Trini. Los fantasmas de Goya (2006), de Milos Forman. Mataharis (2007), de Icíar Bollaín. El orfanato (2007), de Juan Antonio Bayona. Como Pilar. Blackout (2008), de Rigoberto Castañeda. Como avoa de Claudia. Agallas (2009), de Andrés Luque e Samuel Martín Mateos. 7 pasos y medio (2009), de Lalo García. Lobos de Arga (2011), de Juan Martínez Moreno. Engurras (2011), de Ignacio Ferreras. Inevitable (2013), de Jorge Algora. Como Olga. Little Galicia (2015), de Alber Ponte. Como Isabel. Arima (2019), de Jaione Camborda. Como Ana. María Solinha (2020), de Ignacio Vilar. Como Muriel Barba. Los domingos (2025), de Alauda Ruiz de Azúa. Como María Dolores Freire. Josefina (2021), de Javier Marco. Como Eladia. Salta! (2023), de Olga Osorio. Como avoa. Drea & Cloe (2025), de Álvaro Ortega Sanahuja. Como Norma Rodarte.

Televisión Filmes para televisión O enfermo imaxinario (1986). TVG. El estafador (2006), de Ricard Figueras. Conexão (2008). TVG. Futuro: 48 horas (2008). Como Consuelo. Antena 3. A Bela Otero (2008). Como Madrina Josefa. TVG. Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde (2011). Como Amalia. TVG. Concepción Arenal, a visitadora de cárceres (2012), de TVG.

Series de TV Fixa Pratos combinados (1995-2003). Como Balbina. TVG. O Nordés (2009). Como Amelia. TVG. Libro de familia (2010). Como Inés. TVG. Familia (2013). Como Mª Elena. Telecinco. Pazo de familia (2014). Como Leonor Veiga. TVG. La sonata del silencio (2016). Como Fermina. La 1. O sabor das margaridas (2020). TVG.

Episódica Ramón y Cajal: Historia de una voluntad (1982). La 2. Os outros feirantes (1989). TVG. Martes de carnaval (2008). TVE. Los Serrano (2008). Como Sor Luz Divina . Telecinco. Cuéntame cómo pasó (2012). Como Encarna. La 1.

Teatro Centro Dramático Galego Agasallo de sombras (1984) (autor e director Roberto Vidal Bolaño). Os vellos non deben de namorarse (1985), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (dirección E. Alonso). O enfermo imaxinario, de Molière (dirección Eduardo Alonso). As alegres casadas (1989), de William Shakespeare (dirección Eduardo Alonso). Terceiro Acto (2021) de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez (dirección Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez).

Teatro do Malbarate Xogos de damas (1987) de Anxel R. Ballesteros (dirección Eduardo Alonso). Galicia, S.L. (1988) de varios autores (dirección Eduardo Alonso). Inventarios (1990) de Philippe Minyana (dirección Fernanda Lapa). Xogos á hora da sesta (1991) de Roma Mahieu (dirección Cándido Pazó).

Outras compañías Compañía (2000) de Eduardo Rovner (dirección Antonio Simón). Cartas de amor (2001) de A.R. Gourney (dirección Avelino González). O país da comedia (2001) de varios autores (dirección Carlos Blanco). Voaxa e Carmín (2016) de Esther F. Carrodeguas (dirección Xavier Castiñeira, produtora ButacaZero e Eme2).

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2002Mellor actriz protagonistaPratos combinadosNomeada2005Mellor actriz secundariaMáis ca irmánsNomeada2007Mellor actriz secundariaHotel TívoliGañadora2008Mellor actriz secundariaA Bela OteroNomeada2009Mellor actriz protagonistaO NordésNomeada2012Mellor actriz secundariaConcepción Arenal, a visitadora de cárceresGañadora2013Mellor actriz secundariaInevitableNomeada2014Mellor actriz protagonistaPazo de familiaGañadora

1991: Gañadora do Premio Compostela á mellor actriz por Inventarios de Philippe Minyana (1991). 1997, 1998 e 1999: Nomeada como mellor actriz nos Premios AGAPI por Pratos Combinados. 2005: Gañadora do Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria por Mar adentro. Gañadora do Premio Sant Jordi á Mellor actriz española por Mar adentro. Nomeada ó Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Mar adentro. Nomeada ó Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor Actriz Secundaria por Mar adentro. Nomeada ó Premio da Asociación Cronistas de Espectáculos de Nova York (ACE) á Mellor Actriz secundaria por Mar adentro. 2017: Nomeada ao Premio María Casares á mellor actriz protagonista por Voaxa e Carmín, compartindo nomeamento coa outra protagonista da obra, Belén Constenla.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega

Categoría:Actores de Ferrol Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria