A tiranía dos Trinta (en grego οἱ Τριάκοντα, hoi Triakonta) foi un goberno oligárquico de Atenas composto por trinta maxistrados chamados tiranos, que sucedeu á democracia ateniense ao final da guerra do Peloponeso, durante menos dun ano, no ano 404 a. C.. En Xenofonte aparece a lista completa: Polícares, Critias, Melobio, Hipóloco, Euclides, Hierón, Mnesíloco, Cremón, Terámenes, Aresias, Diocles, Fedrias, Queréleo, Anecio, Pisón, Sófocles, Eratóstenes, Caricles, Onomacles, Teognis, Esquines, Teóxenes, Cleómedes, Erasístrato, Fidón, Dracóntides, Eumates, Aristóteles, Hipómaco e Mnesitides.Xenofonte, Helénicas II,3,2.
Historia Pausanias conta que os Trinta destruíron a muralla de Atenas que fora construída por Temístocles, tras a retirada dos persas. A destrución das murallas foi unha das condicións impostas polos éforos de Esparta para a rendición de Atenas; quen negociou a rendición e convenceu aos atenienses que era Terámenes, fillo de Hagno. Estes muros foron reconstruídos por Conon despois da batalla naval de Cnido. Segundo Plutarco, os aliados de Lisandro e Esparta destruíron as murallas e queimaron as trirremes de Atenas, establecendo trinta tiranos en Atenas e dez tiranos no Pireo, colocando unha guarnición espartana na acrópole, comandada por Calibio.
Cando os atenienses atacaron aos Trinta, Lisandro resolveu retomar Atenas, pero os reis de Esparta (o réxime de Esparta era unha diarquía), envexosos de Lisandro porque tiña que capturar Atenas dúas veces, decidiron que un deles iría; o elixido foi Pausanias, quen disuadiu aos atenienses de sublevarse. Pouco despois, os atenienses subleváronse de novo e Pausanias foi censurado, mentres que Lisandro foi eloxiado en Esparta.
Segundo o xeógrafo Pausanias, Trasíbulo derrotou aos Trinta Tiranos, levando un exército inicial de sesenta homes de Tebas e, tras a vitoria, provocou a reconciliación dos atenienses, que estaban divididos en varias faccións. Foi para opoñerse a Trasíbulo que Pausanias, rei de Esparta e neto do xeneral Pausanias que gañou a batalla de Platea, invadiu a Ática, pero volveu a Esparta, porque non quería axudar ao despotismo dos homes sen carácter.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Pausanias: Ἑλλάδος περιήγησις Plutarco de Queronea: Bioi parallēlloi. "Alexandre e Xulio César".
Categoría:Grecia antiga Categoría:Política de Grecia