Pseudococcidae (pseudocóccidos) é unha familia de insectos hemípteros que carecen dunha forte armadura que se encontran en hábitats cálidos e húmidos. Moitas especies considéranse pragas, xa que se alimentan de zumes de plantas de invernadoiro, plantas domésticas e árbores subtropicais e actúan tamén como un vector de varias enfermidades de plantas. Algunhas formigas viven en relación simbiótica con eles, protexéndoos dos predadores e alimentándose da melada que excretan.

Descrición miniatura|Vídeo dun pseudocóccido.

Son insectos con dimorfismo sexual. As femias teñen aparencia de ninfas, presentando unha morfoloxía reducida e carencia de ás, aínda que, a diferenza de moitas femias de cocoideos, adoitan conservar as patas e poden moverse. Os machos son menores, e teñen ás. Como os pseudocóccidos (e todos os outros hemípteros) son insectos hemimetábolos, non sofren unha metmorfose completa no verdadeiro sentido da palabra. Porén, os machos mostran un cambio radical durante o seu ciclo vital, cambiando de ninfas ovoides sen ás a adultos parecidos a avespas ou ás veces a mosquitos.

As femias aliméntanse do zume interno das plantas, normalmente en raíces ou outras partes e nuns poucos casos da parte inferior de froitas almacenadas. Poden adherirse a unha planta e segregar unha potente capa de cera, que usan para a súa protección mentres zugan os zumes da planta. En Asia, Drosicha mangiferae e considerada unha importante ameaza para as colleitas de manga.Allahdin Group Mango pests: Mango mealy bug Os machos de pseudocóccidos teñen unha vida curta, xa que non se alimentan como adultos e só viven para fertilizar as femias. Os machos de Planococcus citri voan buscando as femias e parecen mosquitos peludos.Kerns, D., et al. Citrus Mealybug (Planococcus citri). Citrus Arthropod Pest Management in Arizona. University of Arizona Cooperative Extension, Tucson.Citrus Mealybug. A Field Guide to Common Texas Insects. Texas A&M AgriLife Extension.

Algunhas especies poñen os ovos na mesma capa cerosa que usan para a protección en cantidade de 50–100 ovos; outras especies nacen directamente da femia.

As pragas máis graves son os pseudocócidos que afectan aos cítricos; ourras especies causan danos á cana de azucre, vide, ananás (Jahn et al. 2003), cafeeira, iuca, fentos, cactos, gardenia, papaia, moreira, xirasol e orquídeas. Pero só adoitan ser pragas importantes en presenza de formigas porque as formigas os protexen dos predadores e parasitos. Son tamén vectores de virus para as vides, espallando os virus do enrolamento das follas da s vides e da mancha vermella das vides. Tamén infestan algunhas especies de plantas carnívoras como Sarracenia; en tales casos son difíciles de erradicar sen repetidas aplicacións de insecticidas como diazinon. As infestacións pequenas poden non inflixir danos significativos. Pero en maiores cantidades poden inducir a caída das follas. En anos recentes, algunhas especies de pseudocóccidos convertéronse en pragas invasivas en certas localidades supoñendo un gran problema para os novos agroecosistemas. Na India, informouse que a planta Withania somnifera é un novo reservorio para a especie invasiva de pseudocóccido Phenacoccus solenopsis.

Algúns pseudocóccidos do xénero Hypogeococcus utilízanse como controis biolóxicos de pragas de cactos invasores en Suráfrica, incluíndo Harrisia balansae, H. martinii, e Opuntia cespitosa.

Descubríronse espécimes fósiles de formigas do xénero Acropyga de idade burdigaliana en depósitos de ámbar dominicano e varios dos individuos quedaron conservados levando o xénero extinto de pseudocóccido Electromyrmococcus. Estes fósiles representan o rexistro máis antigo da simbiose entre pseudocóccidos e formigas.

Métodos de control

Os piretroides como a permetrina, a bifentrina ou a ciflutrina poden usarse para o control dos pseudocóccidos.

Algúns xardineiros usan larvas de crisópidos para controlar as infestacións de pseudocóccidos, xa que estas larvas son predadores voraces de áfidos e outros pequenos insectos.

Metabolismo

Algúns pseudocóccidos teñen un metabolismo moi sofisticado no que están implicados non un senón dous endosimbiontes bacterianos, un dentro do outro. Os endosimbiontes fabrican aminoácidos esenciais que o insecto é agora incapaz de obter directamente da súa dieta. Xeneticamente, os pseudocóccidos dependen dun "mosaico" de vía metabólicas (propias, dos endosimbiontes ou adquiridas doutros microbios) nas cales se transportan proteínas a través de membranas entre o que anteriormente foran organismos independentes.López-Madrigal, S., Latorre, A., Porcar, M. et al. Mealybugs nested endosymbiosis: going into the ‘matryoshka’ system in Planococcus citri in depth. BMC Microbiol 13, 74 (2013). https://doi.org/10.1186/1471-2180-13-74

Xéneros

Acaciacoccus Acinicoccus Acrochordonus Adelosoma Agastococcus Albertinia Allomyrmococcus Allotrionymus Amonostherium Anaparaputo Anisococcus Annulococcus Anthelococcus Antonina Antoninella Antoninoides Apodastococcus Artemicoccus Asaphococcus Asphodelococcus Asteliacoccus Atriplicicoccus Atrococcus Australicoccus Australiputo Balanococcus Bessenayla Bimillenia Birendracoccus Boninococcus Boreococcus Bouhelia Brasiliputo Brevennia Brevicoccus Callitricoccus Calyptococcus Cannococcus Capitisetella Cataenococcus Chaetococcus Chaetotrionymus Chileputo Chlorococcus Chnaurococcus Chorizococcus Chryseococcus Cintococcus Circaputo Cirnecoccus Clavicoccus Coccidohystrix Coccura Coleococcus Colombiacoccus Conicosoma Conulicoccus Coorongia Cormiococcus Criniticoccus Crisicoccus Crocydococcus Cryptoripersia Cucullococcus Cyperia Cypericoccus Cyphonococcus Dawa Delococcus Delottococcus Densispina Discococcus Distichlicoccus Diversicrus Drymococcus Dysmicoccus Eastia Ehrhornia Electromyrmococcus † Epicoccus Erimococcus Eriocorys Erioides Erium Eucalyptococcus Eumirococcus Eumyrmococcus Eupeliococcus Euripersia Eurycoccus Exilipedronia Farinococcus Ferrisia Ferrisicoccus Fijicoccus Fonscolombia Formicococcus Gallulacoccus Geococcus Glycycnyza Gomezmenoricoccus Gouxia Greenoripersia Grewiacoccus Hadrococcus Heliococcus Heterococcopsis Heterococcus Heteroheliococcus Hippeococcus Hopefoldia Humococcus Hypogeococcus Iberococcus Idiococcus Indococcus Inopicoccus Ityococcus Kenmorea Kermicus Kiritshenkella Lachnodiella Lachnodiopsis Lacombia Laingiococcus Laminicoccus Lankacoccus Lantanacoccus Lenania Leptococcus Leptorhizoecus Liucoccus Lomatococcus Londiania Longicoccus Maconellicoccus Macrocepicoccus Maculicoccus Madacanthococcus Madagasia Madangiacoccus Madeurycoccus Malaicoccus Malekoccus Mammicoccus Marendellea Mascarenococcus Maskellococcus Mauricoccus Melanococcus Metadenopsis Metadenopus Miconicoccus Mirococcopsis Mirococcus Miscanthicoccus Misericoccus Mizococcus Mollicoccus Mombasinia Moystonia Mutabilicoccus Nairobia Natalensia Neochavesia Neoclavicoccus Neoripersia Neosimmondsia Neotrionymus Nesococcus Nesopedronia Nesticoccus Nipaecoccus Novonilacoccus Octococcus Odacoccus Ohiacoccus Oracella Orococcus Orstomicoccus Oxyacanthus Palaucoccus Palmicultor Paludicoccus Pandanicola Papuacoccus Paracoccus Paradiscococcus Paradoxococcus Paraferrisia Paramococcus Paramonostherium Paramyrmococcus Parapaludicoccus Parapedronia Paraputo Pararhodania Paratrionymus Parkermicus Paulianodes Pedrococcus Pedronia Peliococcopsis Peliococcus Pelionella Pellizzaricoccus Penthococcus Peridiococcus Phenacoccus Phyllococcus Pilococcus Planococcoides Planococcus Pleistocerarius Plotococcus Poecilococcus Polystomophora Porisaccus Porococcus Prorhizoecus Prorsococcus Pseudantonina Pseudococcus Pseudorhizoecus Pseudorhodania Pseudoripersia Pseudotrionymus Puto Pygmaeococcus Quadrigallicoccus Rastrococcus Renicaula Rhizoecus Rhodania Ripersia Ritsemia Rosebankia Saccharicoccus Sarococcus Scaptococcus Seabrina Serrolecanium Seyneria Spartinacoccus Sphaerococcus Spilococcus Spinococcus Stachycoccus Stemmatomerinx Stipacoccus Strandanna Stricklandina Strombococcus Synacanthococcus Syrmococcus Tangicoccus Tasmanicoccus Telocorys Tibetococcus Tomentocera Trabutina Tridiscus Trimerococcus Trionymus Trochiscococcus Turbinococcus Tylococcus Tympanococcus Ventrispina Villosicoccus Volvicoccus Vryburgia Xenococcus Yudnapinna

Notas

Véxase tamén Bibliografía Jahn, G. C. e J. W. Beardsley (1994). "Big-headed ants, Pheidole megacephala: Interference with the biological control of gray pineapple mealybugs". In D.F. Williams [ed.] Exotic Ants: Biology, Impact and Control of Introduced Species. Boulder, Col.: Westview Press, 199–205. . Jahn, G. C. e J. W. Beardsley (1998). "Presence/absence sampling of mealybugs, ants, and major predators in pineapple". J. Plant Protection in the Tropics 11(1):73–79. Jahn, Gary C., J. W. Beardsley e H. González-Hernández (2003). "A review of the association of ants with mealybug wilt disease of pineapple". Proceedings of the Hawaiian Entomological Society. 36:9–28.

Ligazóns externas NCIPM (National Centre for Integrated Pest Management) – pseudocóccidos do algodón Mealy bugs Pseudococcus spp. — BBC CISR – Vine Mealybug—Center for Invasive Species Research summary on Vine Mealybug Sitio web 'Featured Creatures da Universidade de Florida / Instituto de Ciencias Agrícolas e Alimentarias Hypogeococcus pungens Nipaecoccus nipae

Categoría:Sternorrhyncha