Project Zomboid é un videoxogo de mundo aberto isométrico en desenvolvemento polo equipo británico-canadense The Indie Stone. O xogo comeza nun mundo post-apocalíptico, na zona de exclusión zombi da ficticia Knox County, en Kentucky, onde o xogador é desafiado para sobrevivir o maior tempo posíbel antes de inevitablemente, morrer. Foi un dos cinco xogos lanzados na "alpha funding section" do portal de videoxogos Desura.
No 2011, The Indie Stone foi vítima dun roubo no que subtraeron dous portátiles que contiñan o código do videoxogo. Dende entón, Project Zomboid apareceu no Steam Early Access e continúa en desenvolvemento hoxe en día. Project Zomboid é o primeiro xogo de The Indie Stone comercialmente vendido. A versión máis tardía e estable é a Versión 41, publicada en decembro do 2021, o cal inclúe unha revisión das animacións, combate, música e son novo, e a nova cidade de Louisville, Kentucky, e un multixogador renovado por General Arcade. Project Zomboid está ambientado en 1993, co xogo arrancando por defecto o 9 de xullo; aínda que con todo, a data de inicio e o tempo poden ser cambiados nos axustes do xogo.
Historia A historia de Project Zomboid e o Evento Knox é sabido a través de emisións de radio e canles de televisión, as cales despois do 18 de xullo, a maioría destas canles terminan as súas emisións. A causa e a orixe da Infección de Knox é descoñecido, pero pese a iso, é teorizado por varios periodistas en KnoxTalk, unha estación de radio no xogo, que podería ser unha enfermidade prión, un acto de Deus, ou bioterrorismo. O método de propagación da enfermidade sábese que é por saliva, sangue, e máis adiante, por gotas de auga no aire. De todas formas, o xogador principal (o noso carácter) é inmune á última forma de infección (e por iso non sucumbe á enfermidade por ese método). Os demais métodos de transmisión si que afectan ao noso carácter, o cal despois de ser infectado, empezará a experimentar ansiedade e náuseas, que progresivamente empeorará até que o xogador finalmente sucumbe á infección, pois non hai ningunha cura para a Infección Knox; é invariablemente fatal.
O xogo comeza o nove de xullo de 1993, aproximadamente tres días após o exército dos Estados Unidos montara un bloqueo que rodea as áreas infectadas de Muldraugh, Riverside, West Point, e Rosewood. O Xeneral John McGrew, un xeneral do Exército dos Estados Unidos de América a cargo das medidas de contención dentro da Zona de Exclusión de Knox County, máis tarde publica un comunicado con respecto ao acontecemento, dicindo ás persoas que manteñan a calma e que "NON hai evidencia de fatalidades dentro da Zona de Exclusión."
O 11 de xullo, a OMS paraliza todos os voos non médicos ou militares internacionalmente para protexer a outros países de ser infectados. Debido a isto, os disturbios empezan a estalar a través de todos os Estados Unidos, e os toques de queda entran en vigor na Cidade de Nova York e Miami despois de que os disturbios causaran múltiples danos e mortes. Máis tarde nese mesmo día, unha imaxe é filtrada desde West Point aos medios de comunicación, mostrando un home cun único brazo con sangue na súa boca, parado nunha rúa chea de corpos mortos.
O 14 de xullo, miles de persoas infectadas penetran o bloqueo militar que rodeara á Zona de Exclusión, facendo que os militares se tiveran que retirar. Louisville tamén é infectada ao redor deste tempo, a pesar de que o xogador pode visitar Louisville o 9 de xullo e atopalo infestado con zombis. A medida que a zona de exclusión amplíase, é revelado que o virus está empezando a estenderse polo aire. Nun último esforzo, os Estados Unidos destrúe as pontes que cruzaban o Río de Ohio, atrapando a calquera supervivente e zombi dentro do Knox County.
Finalmente, o 17 de xullo, hai casos do virus confirmado en Cincinnati, múltiples cidades en Inglaterra, Mogadixo, Seúl, e Okinawa. John McGrew entrega unha emisión final, chamando ás armas para defenderse dos zombis e tamén para defender aos Estados Unidos.
Xogabilidade En Project Zomboid, o xogador céntrase en sobrevivir polo maior tempo posíbel nunha área apocalíptica infestada de zombis aos arredores da cidade de Louisville, Kentucky - referido como 'Knox County' - a cal foi posta en corentena polo goberno. O xogador pode escoller a aparencia do seu carácter, ocupación e trazos antes de seleccionar o punto de aparición dentro de catro cidades de partida, no que o tipo de ocupación escollida tamén influirá onde aparece o carácter (ex.: Un bombeiro ten unha posibilidade máis alta de aparecer nunha estación de bombeiros se a cidade escollida ten unha). Ademais de ter que evitar zombis, o xogador ten que xestionar as súas necesidades persoais (como a fame, a tensión, fatiga, e o aburrimento entre outras) para manterse con vida, buscando subministracións e usando técnicas de supervivencia. O xogador pode subir os niveis das súas habilidades facendo actividades relacionadas con esa certa habilidade e lendo libros de habilidades (que dan un aumento na rapidez da obtención de puntos de habilidades) e tamén lendo revistas. O xogo ademais utiliza o estilo tradicional de George A. Romero no que os zombis móvense lento, pero no que existen outros máis rápidos, e un modo de mundo aberto que inclúe un axuste para ter zombis "sprinter" (corredores) ao estilo 28 Days Later.
O xogo presenta unha variedade de modos de dificultade predeterminados, xunto cun modo de mundo aberto, o cal deixa ao xogador personalizar os axustes da súa partida, como a poboación zombi, a transmisión do virus, e a rareza do botín.
'Knox County' - a rexión xogable en Project Zomboid - baséase moito na Área metropolitana de Louisville. As cidades de Muldraugh, West Point, e Louisville están replicadas no mundo do xogo xunto con outras zonas ficticias, como Riverside, no que o mundo pasa a ser máis desolado e decrépito co paso do tempo, coa auga e a electricidade sendo desactivadas nun período variable dun mes despois do inicio do xogo, seguido coa erosión e crecemento excesivo das plantas nas estruturas rexionais. Adicionalmente a todo isto, o xogo presenta escenarios 'desafío', algúns dos cales están en mapas separados máis pequenos e/ou presentan elementos únicos na xogabilidade. Por dar un exemplo, hai un desafío sobre unha tormenta de inverno interminable ou unha horda zombi que persegue ao xogador.
A comunidade modder tamén é moi activa neste xogo, permitindo unha customización maior na xogabilidade. Os mods van desde cambios menores na calidade de vida, como unha barra visible de resistencia, fame e auga, ata revisións completas das mecánica e o xogo. Estes mods poden ser atopados no Taller da Comunidade de Steam. A comunidade deste xogo tamén actualiza activamente a wiki do xogo.
Desenvolvemento
Segundo os desenvolvedores, o xogo foi algo que "sempre quixeron facer" e o seu "xogo desexado" a pesar de que sentiron que serían incapaces de facelo debido á falta tempo. Isto cambiou após o éxito de Minecraft, o cal mostroulles "outro xeito de desenvolver un xogo" que produciría un resultado máis rápido. Segundo o equipo, a principal inspiración para o xogo foron as películas de zombis en lugar dos videoxogos de zombis.
Comezos O xogo foi primeiro publicado o 25 de abril de 2011, como unha demo técnica. Foi escrito na linguaxe de programación Java pola súa portabilidade, usando LWJGL.
Contratempos En xuño de 2011, pouco despois da publicación do xogo como unha demo pre-alpha de paga, o xogo foi filtrado, e copias non autorizadas comezaran a expandirse por moitas outras páxinas web. A versión non autorizada do xogo permitía a descarga de actualización automática desde os servidores de Project Zomboid con só premer o botón "actualizar agora", dando igual que o usuario teña a versión auténtica ou non. The Indie Stone para evitar que a xente seguira pagando pola pre-alpha cando o xogo está circulando gratis, desactivou a versión de pago e en vez de iso, publicou unha "demo técnica pública" gratis ao día seguinte para evitar perder "diñeiro potencial".
O 15 de outubro de 2011, o piso de dous desenvolvedores foi roubado, e subtraeron dous portátiles que contiñan unha gran parte do código do xogo, o cal non foi respaldado de maneira correcta. Isto resultou en demoras severas ao desenvolvemento de xogo. Debido a este contratempo, deron unha presentación en Rezzed titulado "Como (non) facer un videoxogo", falando dalgunhas leccións que aprenderon dende o inicio do proxecto.
Continuación O 8 de novembro do 2013, Project Zomboid foi publicado no Steam Early Access . Pouco despois, en febreiro do 2014, The Indie Stone publicou unha versión multixogador por primeira vez. Despois desta actualización, o xogo seguiu sendo actualizado co paso do tempo, con revisións numerosas á xogabilidade e son, así como unha eliminación e reintegración subseguinte, do multixogador mencionado. O xogo considérase que está nunha "versión completa", pero no que se seguen engadindo regularmente novas cousas e arranxando erros. Os desenvolvedores tamén se comunican activamente cos xogadores, publicando blogs cada dúas semanas, os xoves, coñecidos como Thursdoids (chamados así por unha mestura de xoves en inglés, Thurs, e Doids, polo "Zomboid" no seu nome). Estes poden ser sobre actualizacións, servidores, cambios ou eliminación de erros na seguinte versión ou nos que ensinan mods.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial. Os foros de The Indie Stone
Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Videoxogos de zombis Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos en desenvolvemento Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Linux