Habroscelimorpha dorsalis (antes chamado Cicindela dorsalis) é unha especie de escaravello da familia dos cicindélidos. Vive en América Central e América do Norte.

Descrición

A súa lonxitude corporal é de 13 a 15 mm. A cabeza e o tórax son de cor verde bronce, as patas son longas e delgadas e os élitros son brancos ou pardos claros con marcas cor bronce estreitas. A cabeza ten antenas longas, ollos compostos grandes e mandíbulas poderosas. O pronoto e os lados do abdome teñen pelos brancos.Natural Heritage Endangered Species Program: Northeastern Beach Tiger Beetle A coloración clara proporciona camuflaxe cando o escaravello está sobre areas claras. As larvas teñen corpos longos segmentados e grandes mandíbulas similares ás dos adultos.

Habroscelimorpha dorsalis dorsalis é a subespecie máis grande. U.S. Fish and Wildlife Service, Virginia Field Office. (28 de agosto de 2019). 5-Year Review of the Northeastern Beach Tiger Beetle. Consultado o 17 de abril de 2020, de https://ecos.fws.gov/docs/five_year_review/doc6121.pdf A subespecie atópase na costa noroeste dos Estados Unidos e vive en pequenos buratos na area. É moi susceptible á abundante actividade humana e á erosión das praias e en 1990 foi incluído na lista de especies ameazadas baixo a Lei de Especies Ameazadas dos Estados Unidos. É a única subespecie nesa lista.U.S. Fish and Wildlife Service. (n.d.). Listed Animals. Consultado o 19 de abril de 2020, from https://ecos.fws.gov

A larva da subespecie C. d. media é notable pola súa capacidade de choutar no aire, voltear o corpo nunha roda rotante e rodar pola area a alta velocidade usando o vento para impulsarse. Se o vento é forte dabondo, a larva pode percorrer ata 60 m desta maneira. Esta salientable capacidade puido ter evolucionado para axudar a que a larva escape dos predadores como a avespa tínida Methocha. A locomoción facéndose unha roda na natureza é extremadamente rara e soamente se observou nuns poucos animais en todo o mundo.Wind-Powered Wheel Locomotion, Initiated by Leaping Somersaults, in Larvae of the Southeastern Beach Tiger Beetle (Cicindela dorsalis media)

Subespecies A especie ten o nome sinónimo de Cicindela dorsalis porque antes se clasificaba no xénero Cicindela e nalgunhas clasificacións aínda segue así. En 2012, o subxénero Habroscelimorpa de Cicindela foi reclasificado a nivel de xénero.

Estas catro subespecies pertencen á especie Habroscelimorpha dorsalis: Habroscelimorpha dorsalis dorsalis (Say, 1817) Habroscelimorpha dorsalis media (LeConte, 1856) Habroscelimorpha dorsalis saulcyi (Guérin-Méneville, 1840) Habroscelimorpha dorsalis venusta (LaFerte-Senectere, 1841)

Distribución e hábitat miniatura|esquerda|Habroscelimorpha dorsalis dorsalis

H. d. media encóntrase ao longo da costa sueste dos Estados Unidos, incluíndo Carolina do Sur. H. d. dorsalis atópase na costa noroeste. C. d. saulcyi e C. d. venusta nas costas de Florida, o golfo de México e México. En xeral, C. dorsalis é máis abundante en praias anchas de area fina que están moi expostas á acción das mareas e relativamente non alteradas pola presenza humana. Para que os escaravellos se reproduzan as praias deben ser polo menos de 100 m de longo e 2 m de ancho, aínda que o ancho óptimo é de 5 a 8 m.USFWS. Cicindela dorsalis dorsalis Five-year Review. Prefire un clima cunha temperatura media que pase de 15 °C e totais de precipitacións de moderadas a áridas.Animal Diversity Web. Cicindela dorsalis (northeastern beach tiger beetle)

Bioloxía

O ciclo vital completo dura dous anos. Os adultos saen entre a metade de xuño e a metade de agosto, xeralmente chegando ao seu pico de abundancia a metade de xullo e declinando en setembro. Pasan o día buscando comida na zona intermareal cando o tempo é cálido e solleiro. Aliméntanse de pequenos invertebrados como moscas, formigas e anfípodos, pero tamén comen prea de peixes e cangexos mortos.The State Of New Jersey. Northeastern Beach Tiger Beetle, Cicindela d. dorsalis

O apareamento ten lugar entre a metade de xullo e principios de agosto cando o tempo é cálido e húmido. As femias poñen os ovos na zona intermareal. Usan pelos sensitivos que teñen no abdome para determinar se o contido de humidade do solo é axeitado para a supervivencia das larvas e o seu desenvolvemento. A oviposición ten lugar de noite. A femia usa o ovipositor para crear un buraco na area onde deposita os ovos individualmente.Observations of Oviposition Behavior Among North American Tiger Beetle (Coleoptera: Carabidae: Cicindelinae) Species and Notes on Mass Rearing

Os ovos fan eclosión a metade de agosto e as larvas cavan buratos verticais onde se aseguran usando os ganchos do seu abdome. Son predadoras e depredan os insectos que pasan por alí e outros pequenos invertebrados. As larvas pasan por tres estadios ou ínstares antes de pupar. Xeralmente chegan ao segundo ínstar en setembro. A medida que se aproxima o inverno as larvas cavan novos buracos en zonas máis altas da praia para protexerse contra as tormentas e a actividade das ondas. Despois de pasaren o inverno, emerxen a finais de maio e xuño. Unha vez que chegan ao terceiro ínstar e pasan o inverno outra vez. A seguinte primavera pupan nos seus buracos e emerxen como adultos. miniatura|Habroscelimorpha dorsalis media

Status

A subespecie C. d. dorsalis sufriu un importante declive nos últimos 20 anos. Adoitaba encontrarse por toda a costa atlántica dos Estados Unidos desde Massachusetts a Virxinia. Hoxe só se encontra na baía de Chesapeake en Maryland, na illa Martha's Vineyard na costa de Massachusetts e en Virxinia. Este declive foi causado pola destrución e a alteración das praias naturais que usaba o escaravello como hábitat por mor da actividade humana. Unha das maiores ameazas é o endurecemento da liña de costa pola colocación de proteccións rochosas (recubrimentos de rochas ou escolleiras, chamadas rip-rap en Noreamérica). Outras ameazas son a polución e os pesticidas, así como o uso de vehículos todo terreo que esmagan os adultos e as larvas, e tamén danan os buracos en que se refuxian as lavas. En 2009 o United States Fish and Wildlife Service recomendou que C. d. dorsalis se inclúa na lista de especies en perigo.

Notas

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Adephaga Categoría:Animais descritos en 1817