miniatura|Luz é equivalente a «distancia en proxección horizontal». Na arquitectura, enxeñaría e construción adoita empregarse a palabra luz para designar a distancia, en proxección horizontal, existente entre os apoios dunha viga ou un arco. Ás veces adoita empregarse como sinónimo de "van". Desta forma emprégase para cuantificar a distancia do van que hai entre os dous estribos, ou apoios, dun arco. Ao ser considerada unha distancia, a luz mídese necesariamente nas unidades de lonxitude correspondente. O espazo entre os apoios adóitase denominar interluz.

Características Hoxe, designa a extensión entre os apoios de elementos construtivos análogos sometidos a flexión predominante, nos que tal distancia resulta relevante desde o punto de vista resistente:

O momento flector de cargas puntuais é proporcional á luz. O momento flector de cargas distribuídas, como o peso propio, adoita ser proporcional ao cadrado da luz.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Coxía (arquitectura) Frecha (enxeñaría) Van

Categoría:Pontes Categoría:Enxeñaría Categoría:Arquitectura