A Casa da Moeda de Croacia (en croata: Hrvatska kovnica novca), anteriormente coñecida como Instituto Monetario Croata (en croata: Hrvatski novčarski zavod)"New Company Name". Croatian Mint. é unha empresa pública croata,"Koliko nas košta uvoz kuna iz Beča i Münchena". Tportal.hr. 15 de marzo de 2013. dependente do Banco Nacional de Croacia, que se encarga da produción da moeda de curso legal nese país europeo.

A compañía produce tamén moedas conmemorativas e de investimento en metais preciosos, así como medallas de ouro e prata, medallóns conmemorativos, insignias de diferentes metais e placas de matrícula. No entanto, non produce papel moeda."Services". Croatianmint.hr

Historia A ceca pública fundouse na localidade de Sveta Nedelja, na provincia de Zagreb, o 23 de abril de 1993 e comezou a súa actividade o 14 de xaneiro de 1994."About us". Croatianmint.hr

O 2 de xaneiro de 2021, a entidade anunciou que o seu novo nome sería Casa da Moeda de Croacia.

O 18 de xullo de 2022, a Casa da Moeda de Croacia comezou a producir as moedas en euros con motivos nacionais croatas, que entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2023, en substitución das do anterior sistema monetario nacional da kuna croata."The Beginning of the Production of Euro Coins". Croatianmint.hr. 18 de xullo de 2022."Radnici će morati raditi u tri smjene da do kraja godine izrade hrvatske eure". En Poslovni Dnevnik. 14 de xullo de 2022."The Countdown is On! Croatian Euro Coin Production Officially Begins ". Total-croatia-news.com. 19 de xullo de 2022."È iniziato il conio delle monete di euro croate". En La Voce del Popolo. 18 de xullo de 2022.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa de moeda Moedas de euro de Croacia

Ligazóns externas

Sitio web en croata Sitio web en inglés

Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Croacia Categoría:Empresas de Croacia Categoría:Historia de Croacia