O SaiPa Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Lappeenranta, Finlandia. En 1982 foi un dos equipos fundadores da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja, e na tempada 2022-23 compite na segunda categoría, a Naisten Mestis.

O maior logro do equipo chegou na tempada 1989-90, cando gañou a súa única medalla de bronce no campionato finlandés.

Palmarés Trofeos colectivos SM-sarja/Naisten liiga 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1990

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Saimaan Pallo Ligazóns externas

Sitio web do SaiPa Naiset

Categoría:SaiPa Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia