Richard Frank Oznowicz, coñecido como Frank Oz, nado en Hereford, 25 de maio de 1944 é un director e produtor de televisión anglo-americano e un dos responsables dos famosos fantoches e personaxes de programas como Barrio Sésamo e The Muppet Show.

Traxectoria Oz naceu en Hereford, Inglaterra, fillo de Frances (de solteira Ghevaert) e Isidore Oznowicz, ambos titiriteiros. Os seus pais mudáronse a Inglaterra despois de loitar contra os nazis coas Brigadas holandesas. O seu pai polaco-holandés era xudeu e a súa nai flamenga era unha devota católica. Oz mudouse a Oakland, California, nos Estados Unidos, cos seus pais cando tiña cinco anos. Asistiu ao Oakland Technical High School e ao Oakland City College. Traballou durante un tempo cos Vagabond Puppets, unha produción do Departamento de Recreación de Oakland, onde Lettie Connell foi o mentor del.

En Barrio Sésamo, interpretou a personaxes como Bob, Cookie Monster e Grover; no Muppet Show deu vida a George the Groundkeeper, Miss Piggy e Fozzie Bear.

Na saga de películas de Star Wars, foi o encargado de manexar o monicreque e interpretar a voz de Yoda, a excepción do Episodio IV, no que o personaxe non aparece. Nos episodios II e III, Oz só da voz ao personaxe, xa que, neses episodios, Yoda pasa a ser animado por ordenador.

Filmografía como director

The Fantastic Miss Piggy Show (TV, 1982) The Dark Crystal (1982) The Muppets Take Manhattan (1984) Little Shop of Horrors (1986) Labyrinth (1986) Dirty Rotten Scoundrels (1988) What About Bob? (1991) HouseSitter (1992) The Indian in the Cupboard (1995) In & Out (1997) Bowfinger (1999) The Score (2001) As mulleres perfectas (200) Death at a Funeral (2007) Onward (voz, 2020)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:The Muppets Categoría:Nados en 1944 Categoría:Actores de dobraxe Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Inglaterra