miniatura|Órgano timpánico na tibia do ortóptero Zabalius aridus miniatura|Órgano timpánico de dúas especies de avelaíñas, vista ventral do abdome (Tineidae e Pyralidae) Un órgano timpánico é un tipo de órgano auditivo que se encontra en insectos que consta dunha membrana estendida nun marco formado por algunha estrutura anatómica que ten detrás un saco de aire e está asociada con neuronas sensoriais. Os sons fan vibrar a membrana e as vibracións son percibidas por un órgano cordotonal. Os Hymenoptera (abellas, avespas, formigas, etc.) non teñen órgano timpánico, senón un órgano de Johnston, que detecta as vibracións doutra maneira.

Os órganos timpánicos poden estar situados en case calquera parte do insecto: no tórax, a base das ás, o abdome, as patas, etc., dependendo do grupo de insectos. Pénsase que esta estrutura evolucionou independentemente moitas veces en distintas liñaxes. Como resultado, a súa posición e estruturas úsanse a miúdo para axudar a determinar a taxonomía das especies. Por exemplo, todos os membros dos lepidópteros Geometridae teñen uns distitntivos órganos timpánicos abdominais pares que se abren cara á parte frontal do primeiro segmento abdominal. Dentro do órgano, as estruturas concretas varían en forma e úsanse para indicar se as subfamilias comparten un antepasado común. Noutras familias de Lepidoptera con órganos timpánicos abdominais, a apertura pode ter unha diferente orientación e a estrutura unha distinta forma.

Os órganos timpánicos evolucionaron en Lepidoptera para permitirlles detectar as chamadas de ecolocación de morcegos predadores. O intervalo de frecuencias á que unha avelaíña é máis sensible está xeralmente asociado coas frecuencias usadas na ecolocación pola comunidade de morcegos simpátrica. En presenza de morcegos predadores, observouse que a especie de lepidópteros Mythimna unipuncta detén os seus comportamentos de apareamento, como son as chamadas buscando parella e o aleteo.Acharya, L. “Predation Risk and Mating Behavior: the Responses of Moths to Bat-like Ultrasound.” Behavioral Ecology, vol. 9, no. 6, 1 Jan. 1998, pp. 552–558., doi:10.1093/beheco/9.6.552. Ademais, a audición é importante para os comportamentos relacionados coa busca de parella nesta especie porque as femias incrementan a súa frecuencia de aleteo arredor dos machos e os machos producen un ruído trémulo como resposta.Fitzpatrick, Sheila M., and Jeremy N. Mcneil. “Male Scent In Lepidopteran Communication: The Role Of Male Pheromone In Mating Behaviour Of Pseudaletia Unipuncta (Haw.) (Lepidoptera: Noctuidae).” Memoirs of the Entomological Society of Canada, vol. 120, no. S146, 1988, pp. 131–151., doi:10.4039/entm120146131-1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Anatomía dos artrópodos