Josep Maria Bardolet, nado en Vic o 22 de febreiro de 1964, é un expiloto de rally catalán, máis coñecido como Mia Bardolet.

Gañou o Campionato de España de Rallyes de Terra 1991 e o de Asfato en 1993, e o Grupo N en 1989. Traxectoria Inicios

Comezou a competir a principios da década dos 80, primeiro no Campionato Zanini-Racing e logo no Campionato Catalán de Rally.

Máis tarde, en 1985 gaña Volant RACC con un Renault 5 Copa e ao ano seguinte en 1986 pasa a ser piloto semioficial de Citroën onde conducindo un Citroën Visa GTI gañou o Campionato Catalán en 1986 logo de conseguir dúas vitorias.

Posteriormente, en 1987 repetiu título e disputou por primeira vez unha proba nacional, fóra de Cataluña, o Rallye Valeo e disputou en 1988 o Campionato de España de Asfalto, como piloto semioficial de Citroën, cambiando a un Citroën AX Sport, a partir do 4º rallye.

Anos en Ford En 1989 chegoulle a grande oportunidade e ficha por Ford España, para pilotar un Ford Sierra Cosworth Gr:N, co reto de reeditar para Ford, o título Nacional do Gr:N, conquistado un ano antes polo seu compañeiro Jesús Puras. Bardolet domina o campionato, e faise co título a falta dunha proba, finalizando cuarto na clasificación Xeral Absoluta.

En 1990 pasa a ser o piloto Nº1 de Ford España, e pilota o Ford Sierra RS Cosworth Gr:A, no Nacional de Asfalto. Consegue dúas vitorias no apartado Nacional, Rallye Cataluña e Rallye Valeo, pero con 4 abandonos, e cun coche en clara desvantaxe con respecto o Lancia Delta de Jesús Puras, finalizou de novo cuarto o final da tempada. Ese mesmo ano participou no Campionato de Rallyes de Terra, co novo Ford Sierra Cosworth 4X4, conseguindo gañar no primeiro rallye, o Rally de Alacant, e tamén no Rally de Talavera, esta coa futura arma de Ford Motorsport, o Ford Escort RS Cosworth, sendo esta a 1ª carreira e a 1ª vitoria do Escort Cosworth a nivel mundial.

En 1991 Ford, centrouse no Campionato de Terra, e con un inicio moi forte, conseguiu manterse líder, para finalmente proclamarse Campión de España de Rallyes de Terra. Ese mesmo ano tamén correu dúas probas de asfalto, Osona con Ford España e no Cataluña-Costa Brava co equipo oficial Ford Motorsport Q8 Team, sendo esta o seu debut no Mundial de Rallyes.

1992 tivo un inicio prometedor. Coa participación en terra co novo Escort RS Cosworth, gañou as dúas primeiras carreiras, pero estando en fase de preparación do novo coche, Ford Motorsport, preferiu centrarse en usar especificacións de Grupo A, sendo esta unha clara desvantaxe, fronte os seus rivais que usaban especificacións Proto, finalizando o ano subcampión detrás de Gustavo Trelles. O final de ano, Ford decide centrarse en circuítos, ofrecéndolle un volante, cousa que el declina, polo que termina a súa relación con Ford.

Opel 1993 foi o ano do regreso o Nacional de Asfalto. Tras dous rallyes celebrados, ficha por Opel para pilotar o novo Opel Astra GSI 16V F2. Rapidamente se adapta o coche e encadea 3 vitorias seguidas, o que fai que se xogue o título co seu compañeiro Climent na última proba, Rallye da Coruña, vencendo o rallye e conseguindo o título de Campión de España de Rallyes de Asfalto. Ese título valeulle para, neses intres, ser o 2º piloto tras Antonio Zanini, en conseguir o título nos dous Campionatos de Rallye en España.

En 1994 segue con Opel, pero ese ano dada a superioridade do seu rival Oriol Gomez a bordo dun Renault Clio Willians, e o baixo rendemento das súas rodas Dunlop, solo puido gañar unha carreira, e finalizou en 3ª posición. O final de ano Opel, decide abandonar os rallyes, e pasarse a circuítos, ofrecéndolle ser piloto de circuítos para 1995, e volve a declinar outra vez a oferta, xa que el se sente piloto de rallyes, polo que o final de ano queda sen asento, e empeza a pensar na retirada.

Os anos seguintes participou nalgunha proba de terra cun Citroen ZX de Zanini Racing, e tamén no Rallye de Cataluña 1996, a bordo dun Seat Ibiza Kit Car de Seat Sport, para axudar a Seat a conseguir o título do Mundial de 2 Litros F2

Nos seguintes anos continua a súa relación con Seat, participando en Rallyes de Regularidade, dentro do equipo SEAT Coches Históricos.

Palmarés

Títulos Ano Campionato Automóbil1989Campionato de España de Asfalto Grupo NFord Sierra Cosworth 1991 Campeonato de España de Rally de TierraFord Sierra Cosworth 4X4 1993 Campeonato de España de Rally de Asfalto Opel Astra GSI 16v

Resultados Campionato de España de Rally

Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Puntos 1986Citroën Competición Citroën Visa GTiCBR5COBPAL13 SMOLLACANECOPDASFRCATVAL 1987Citroën Competición Citroën Visa GTiCBR3ARO8SMOCAJLLAECOCANPDASFRCATRetVAL6 1988Citroën Competición Citroën Visa GTiCAT4SMORetARO6 8º 664 Citroën AX SportCAJLLA8CANPDARetSFR4COIRetVAL13 1989 Ford Race Marlboro Ford Sierra RS CosworthCAT5SMO3SAN6CAJRetLLARetOUR3OSO2PDA4ISCECOVAL54º 1116 1990 Ford Race Marlboro Ford Sierra RS CosworthCAT1SMO2CAN3CAJRetVLLRetOUR2OSO3PRARetCAN3ECIRetVAL 14º 1076 1991 Q8 Team Ford Ford Sierra Cosworth 4x4CANECOCANCAJLLAOUROSO1PDAVALCAT1 1992 Ford Motorsport Ford Sierra Cosworth 4x4ECOISCCANMEDLLAOSOSFRCERPDAOURCATRetMAD 1993 Opel Team España Opel Astra GSi 16VCOICANLLA1OUR1FRO1SAG4RBXPDARetLINCAT2COR1IDT 1º 948 1994 Opel Team España Opel Astra GSi 16VCOI2ADE4CAJ3SMO2LLA3OUR1SFR6SAGPDARetRBXCATCOR3º 877

Campionato de España de Rally de Terra

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 Posición Puntos 1990 Ford Race Malboro Ford Sierra Cosworth 4X4ALI1LRRetLLE6LUG3VIG3MURNP MAD7 2º 118Ford Escort RS CosworthTAL1 1991 Ford España Ertoil Ford Sierra Cosworth 4x4CCL1ALI1LUG2GIJ1VIG1COR2LLENPMAD2 1º 1531992 Ford Motorsport Ford Escort RS CosworthMIJ1 LLE1LLE2CAN4COR2LUGRetLUG2MAD2 2º 139 Participacións no Mundial de Rallyes Ano Rallye Vehiculos CopilotoResultado 1991Rallye Cataluña Costa BravaFord Sierra Cosworth 4X4Antonio Rodriguez4ª 1992 Rallye PortugalFord Sierra Cosworth 4X4Josep Autet7º 1992Rallye Cataluña Costa BravaFord Sierra Cosworth 4X4 Josep AutetAbandono1993Rallye Cataluña Costa BravaOpel Astra Gsi 16VJoaquim Muntada9ª1996Rallye Cataluña Costa BravaSeat Ibiza Kit CarJoaquim Muntada12ª

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cataluña 1991 Resultados Mia Bardolet

Categoría:Pilotos de rally de España Categoría:Nados en Vic Categoría:Nados en 1964