Giuseppe Maria Francesco Vigo, coñecido como Francis Vigo, nado o 13 de decembro de 1747 e finado 22 de marzo de 1836, foi un italo-americano que axudou ás forzas coloniais estadounidenses durante a Guerra de Independencia e axudou a fundar unha universidade pública en Vincennes, Indiana. Como apelido italiano, e de probable orixe toponímica galega, o nome Vigo pronúnciase "VEE-goh" (/ˈviːɡoʊ/, coas variantes [ˈbiɣʊ], [ˈbiħʊ] ou [ˈbiɣo]). Porén, moitas persoas pronúnciano (ao referirse ás moitas rúas, edificios, escolas, vilas, concellos ou cidades que levan o seu nome) como "VIH-go" /ˈvaiːɡo/.

Traxectoria Nado en Mondovì, Italia, serviu no exército de Carlos III en Nova Orleáns. En 1772 estableceu un negocio de comercio de peles en St. Louis. En 1783, Vigo trasladouse a Vincennes e continuou no comercio de peles.

Revolución Americana Vigo axudou a miúdo ás forzas estadounidenses na Guerra da Independencia dos Estados Unidos, o máis famoso como informante de George R. Clark. Vigo foi enviado por Clark a Post Vincennes para inspeccionar e informar das condicións alí, pero foi capturado por indios americanos e entregado ao gobernador H. Hamilton, que recuperara Vincennes para a Coroa. Vigo era español e, polo tanto, en 1778, considerado non combatente, pero Hamilton desconfiaba de Vigo e mantívoo en liberdade condicional até que os franceses de Vincennes, dirixidos polo padre Gibault, esixiron que fose posto en liberdade ante a ameaza de seren cortadas as subministracións locais a Fort Sackville.

Hamilton deixou en liberdade a Vigo coa condición de que non fixese "nada lesivo para os intereses británicos no seu camiño a St. Louis". Fiel á palabra, Vigo viaxou polos ríos Wabash, Ohio e Mississippi até St. Louis antes de regresar a KaskaskiaLaw, páx. 29 para informar ao coronel Clark da presenza británica en Vincennes, o que levou a recuperar a cidade en 1779. 

Ademais dos seus servizos como patriota e espía, Vigo foi o principal financeiro da Revolución Americana no Noroeste. Cando Clark chegou con notas provisorias de papel da Continental, Vigo cambiounas por moeda. O dólar americano cotizaba mal entre os cidadáns franceses, e pronto quedou sen valor. Vigo nunca foi retribuído durante a súa vida, e lembraría que o termo douleur para os franceses significa pena ou dor.Law, páx 50. Law engade que escoitou a anécdota da propia boca do coronel, "The above anecdote I had from the Colonel's own lips."

Anos da posguerra Na década de 1790 Vigo comerciou con norteamericanos na costa leste dos Estados Unidos. De 1790 a 1810 foi coronel na Milicia do Condado de Knox antes de dimitir, citando idade e enfermidade.

En 1801, Vigo solicitou ao Congreso dos Estados Unidos unha doazón de terras para establecer a Academia Jefferson en Vincennes. En 1806, Vigo foi nomeado un dos padroeiros orixinais da agora rebautizada Universidade de Vincennes.

En 1818 estableceuse o condado de Vigo en Indiana, e recibiu o seu nome.

Despois de ser celebrado durante unha visita a Terre Haute, sede do condado de Vigo, o 4 de xullo de 1834, Vigo revisou o seu testamento para proporcionar cartos para unha gran campá para o xulgado do condado de Vigo, se algún día fose compensado polos Estados Unidos polos servizos prestados durante a Revolución.

Pasamento Francis Vigo morreu o 22 de marzo de 1836, mentres vivía na casa de Jean Baptiste e Elizabeth LaPlante, en Vincennes. Non foi até 1875, cando a súa propiedade foi autorizada a pagar 8.016,00 dólares, a cantidade que utilizara para financiar a campaña abortada de Clark para tomar Fort Detroit. Este foi o único gasto que o goberno recoñecería oficialmente, pero chegou con 41.282,60 dólares en intereses. Non obstante, ao non ter descendentes consanguíneos Vigo, o goberno só tivo que pagar os gastos solicitados no testamento vigués (que incluía unha campá para a sede xudicial do condado de Vigo).

Legado O condado de Vigo, Indiana, no río Wabash ao norte de Vincennes, recibe o nome de Francis Vigo, así como Vigo, Indiana. O Parque Histórico Nacional George Rogers Clark erixiu unha estatua de Vigo de John Angel en 1934, na beira do río Wabash. Vigo apareceu nunha moeda de coleccionista para celebrar o bicentenario do Estado de Indiana.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Commager, Henry Steele e Richard B. Morris. The Spirit of Seventy-Six. The story of the American Revolution as told by its participants. Castle Books. HarperCollins. © 1958. ISBN 0-7858-1463-9. Law, Judge. The Colonial History of Vincennes Harvy, Mason & Co. 1858. ISBN 1-55613-199-2 ISBN 1-55613-199-2 Somes, Joseph Henry VandeBurgh. Old Vincennes Graphic Books, Nova York. 1962. .

Ligazóns externas

Parque Histórico Nacional George Rogers Clark, Servizo de Parques Nacionais "Francis Vigo Papers, 1751-1873, Collection Guide" , Indiana Historical Society Francis Vigo Papers On Line, Indiana State University Sepultura Francis Vigo

Categoría:Finados en 1836 Categoría:Nados en 1747