Lista Serbia (en serbio: Српска листа) é un partido político da minoría serbia na República de Kosovo, dominante na política de Kosovo, e que dende a súa fundación en 2014 ostenta nove mandatos ou os dez mandatos na Asemblea de Kosovo destinada aos serbios. Está estreitamente relacionado co Goberno da República de Serbia, liderado polo populista SNS e o presidente Aleksandar Vučić .
Historia Lista Serbia logrou un total de 38 169 votos (5,30%) nas eleccións lexislativas de xuño de 2014 e o 17 de setembro anunciou que se ía formar parte da coalición de goberno só se Vetëvendosje quedaba fóra como así foi. O 3 de febreiro de 2015 Aleksandar Jablanović cesou como ministro de Comunidades e Retornos e membro de LS, despois da oposición esixir a súa destitución ao chamar "salvaxes" a un grupo de albaneses que atacaron a pedradas aos desprazados internos serbios na véspera de Nadal en Gjakova, declaracións que contribuíron ás protestas en Kosovo en xaneiro de 2015 . A Lista Serbia decidiu non asistir á seguinte sesión da Asemblea pero continuou no goberno. Despois das eleccións parlamentarias de 2017 a Lista Serbia aceptou formar parte do goberno dirixido por Ramuš Haradinaj da Alianza para o Futuro de Kosovo, so condición de establecer a Asociación de Municipios de Serbia e participou tamén nos sucesivos gobernos ata decembro de 2022 logo do aumento da tensión entre serbios e albaneses en Kosovo. Eleccións Lexislativas + Asembela de Kosovo AnoVoto % Voto Escanos Escanos serbios +/– Goberno 2014 38199 #5 5.20% 9 2017 44 578 #4 6.20% 2019 52 620 #5 6.61% 1 2021 44 404 #5 5.06% Municipais Despois das eleccións municipais de 2020, Lista Serbia goberna 10 concellos, polo xeral con amplas maiorías. EscudoConcellosPoboaciónAlcalde antes de 2020PartidoAlcalde dende 2020PartidoConcelleirosGračanica10 675Srđan PopovićLSLjiljana ŠubarićLS Klokot2 556Božidar DejanovićGi Klokot-VrbovacVladan BogdanovićLS Leposavić13 773Zoran TodićLSZoran TodićLS Mitrovica Norte12 326Milan Radojević LSMilan RadojevićLS Novo Brdo6 729Svetislav IvanovićLSSaša MiloševićLS Parteš1 787Dragan PetkovićLSDragan PetkovićLS Ranilug3 866Vladica AritonovićLSKatarina Ristić–IlićLS Štrpce6 949Bratislav NikolićLSDalibor JevtićLS Zubin Potok6 616Srđan VulovićLSSrđan VulovićLS Zvečan7 481Vučina JankovićLSDragiša MilovićLS Presidentes de Lista Serbia Presidente Nacemento Comezo Fin 1 Aleksandar Jablanović 1980– 2014 2015 2 Slavko Simić 1984– 2015 2017 3 Goran Rakić 1971– 2017 Actual Notas
Categoría:Partidos políticos de Kosovo