A Perfect Pairing é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Stuart McDonald. O filme conta a historia de Lola, unha executiva de viños dos Ánxeles. Está protagonizado por Victoria Justice no papel de Lola e por Adam Demos como Max. O filme estreouse o 19 de maio de 2022 a través de Netflix.

Personaxes Victoria Justice como Lola Alvarez Adam Demos como Max Vaughn Luca Asta Sardelis como Breeze Craig Horner como Calder Antonio Alvarez como Carlos Alvarez Lucy Durack como Audra Emily Havea como Sam Natalie Abbott como Kylie Jayden Popik como Henry Samantha Tolj como Hazel Vaughn (acreaditada como Samantha Cain)

Produción O filme foi rodado en Queensland, Australia e foi producido por Hoodlum Entertainment en colaboración con Screen Australia. O filme contou co apoio da cidade de Gold Coast e os cineastas colaboraron estreitamente coa "Animal Protection Agency" para coidar dos animais que aparecen no filme. Nos créditos, os produtores fan unha mención ao clan Kombumerri do pobo yugambeh, en cuxa rexión foi rodado o filme. As guionistas, Hilary Galanoy e Elizabeth Hackett, xa colaboraran previamente en Falling Inn Love e Love, Guaranteed.

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes ambientados en Australia