O Partido Democrático de Kosovo (en ; PDK ) é un dos principais partidos políticos de Kosovo. En orixe un partido socialdemócrata que saíu do desmilitarizado Exército de Liberación de Kosovo despois da guerra de Kosovo. Boa parte dos seus líderes procedían do nacionalismo albanés e do Movemento Popular de Kosovo. Non obstante, durante o congreso de xaneiro de 2013 virou cara a posicións de centrodereita ata situarse no espectro conservador. Dende xullo de 2021 o seu líder é Memli Krasniqi, vicepresidente da Asemblea de Kosovo e ministro de cultura,xuventude e deportes.

Historia O partido fundouse o 14 de maio de 1999 procedente da ala política do Exército de Liberación de Kosovo co nome de Partido para o Progreso Democrático de Kosovo (Partia për Progres Demokratik e Kosovës PPDK) so o liderado do antigo líder do UÇK Hashim Thaçi. O PPDK mudou de nome o 21 de maio de 2000 no seu primeiro congreso. O partido viu aumentar a súa base e nas eleccións locais de outubro de 2000 logrou o 27,3% dos votos e nas lexislativas de novembro de 2001 o 25,5% e 26 deputados e o PDK encabezou un goberno de coalición dirixido por un candidato de consenso Bajram Rexhepi, que se converteu no primeiro internacionalmente recoñecido primeiro ministro de Kosovo. Nas eleccións lexislativas de 2004 obtivo o 28,9% dos votos populares e 30 dos 120 escanos na Asemblea de Kosovo; nas eleccións de 2007 o PDK logrou a maioría pola primeira volta, e tamén se fixo coa primeira posición nas eleccións rexionais e municipais de 2009.

Eleccións en 2010 O 12 de decembro de 2010 celebráronse eleccións parlamentarias, as primeiras que se organizaban en Kosovo dende a declaración de independencia. A participación nas eleccións foi significativamente máis alta do habitual, ao participaren os serbios. Despois dos primeiros resultados, Hashim Thaçi co 32% dos votos, reclamou a vitoria do PDK e afirmou que pensaba seguir a gobernar outros 4 anos. Tras as acusacións de fraude electoral, repetiuse a votación en varios concellos. Tras a confirmación dos resultados electorais, o PDK e o AKR formaron un goberno liderado por Thaçi unha coalición coa Alianza Kosovo Novo, liderada polo expresidente Behgjet Pacolli, que quedara no cuarto lugar cun 8 por cento dos votos. O novo goberno baseou o seu programa na integración na Unión Europea integración. O novo goberno incluíu a moitos dos membros máis novos do PDK, como Bedri Hamza, Memli Krasniqi, Vlora Çitaku Blerand Stavileci ou Petrit Selimi.

A finais de 2014 Jakup Krasniqi, Fatmir Limaj e outros membros do PDK romperon con Thaçi e fundaron a Iniciativa Socialdemócrata.

Busca dun novo liderado En 2016, despois de 14 anos de liderado de Hashim Thaçi que houbo dimitir da dirección do partido para ocupar o cargo de presidente do país en maio de 2016, o presidente do Parlamento Kadri Veseli converteuse en presidente do partido por aclamación. En 2018 entrou a formar parte da Alianza dos Conservadores de Reformistas Europeos (ACRE).

Tras as eleccións de 2019 o PDK deixou o goberno, e en novembro de 2020 Enver Hoxhaj fíxose co liderado do partido, pero nas eleccións de 2021 o partido tampouco logrou recuperar posición en xullo de 2021 o partido elixiu como líder a Memli Krasniqi. En decembro de 2022 o partido deixou a ACRE para entrar na Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE). Eleccións AnoVotos%EscanosEscanos albanesesPosición+/–CoaliciónGobernoLíder2001202 62225.7%2º 26—Hashim Thaçi2004199 11228.3% 2º 4—2007196 20734.3% 1º 7—2010224,33932.1% 1º 3—2014222 18130.4% 1st 3—2017245 6462.7% 3º 14PANAKadri Veseli2019178 63721.2% 3º 1—2021148 28517.0% 2º 5—Enver Hoxhaj

Líderes # Presidente Retrato Nacemento Inicio do mandato Fin do mandato 1 Hashim Thaçi107x107px 1968– 27 de outubro de 1999 26 de febreiro de 2016  2 Kadri Veseli91x91px 1967– 9 de marzo de 2016 5 de novembro de 2020  Enver Hoxhaj102x102px 1969– 5 de novembro de 2020 3 de xullo de 2021  3 Memli Krasniqi89x89px 1980– 3 de xullo de 2021 presente 

Notas

Categoría:Partidos políticos de Kosovo