Susana Dans López, nada na Coruña o 13 de agosto de 1965, é unha actriz galega.

Traxectoria Coñecida especialmente polo seu papel de Olimpia na serie da TVG Pratos combinados, á que se incorporou trala marcha de Mabel Rivera para cubrir o oco deixado pola actriz.

Á marxe deste traballo cabe destacar a súa traxectoria teatral, entre a que destacan as obras O ano da cometa, que lle valeu en 2005 o premio de teatro María Casares á mellor actriz secundaria que xa gañara previamente en 2002 coa montaxe Rosalía, ou Mulleres, coa que foi merecedora do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva en 2003. En 1987 participou na montaxe d' A pousadeira feita polo Centro Dramático Galego. En 2009 actuou n' As dunas, de Manuel Lourenzo.

En cine traballou nas longametraxes Divinas palabras (1987), de José Luis García Sánchez; Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal e Blanca Madison (1998) de Carlos Amil, así coma na curtametraxe Cabeza de boi (1996), de José Carlos Soler. Tamén traballou na televisión, presentando o programa da TVG Arroz con chícharos (1990-1991) e participando na serie Hospital Real (2015).

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado 2011Mellor actrizEmilia Pardo Bazán, a condesa rebeldeGañadora

Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1965 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista