Smiley é unha serie de televisión española dirixida por David Martín Porras e Marta Pahissa, baseada na obra de teatro homónima de Guillem Clua. Producida por Minoria Absoluta, está interpretada por Carlos Cuevas, Miki Esparbé, Pepón Nieto, Meritxell Calvo e Giannina Fruttero, entre outros. Está gravada principalmente en castelán e, nalgúns diálogos, en catalán. Ambientada en Barcelona, a serie relata unha relación entre dous homes.

Sinopse Álex acaba de superar un desengano amoroso e Bruno xamais pensaría que puidese sentir atracción por alguén como Álex. Aínda así, unha equivocación (Álex envíalle unha nota de voz por erro) fai que os dous se coñezan e comecen a construír unha relación.

Elenco Carlos Cuevas como Álex Miki Esparbé como Bruno Merino Pepón Nieto como Javier / Keena Mandrah Meritxell Calvo como Verónica "Vero" Giannina Fruttero como Patricia Eduardo Lloveras como Albert Costa Ruth Llopis como Núria Sunyer Amparo Fernández como Rosa Carles Sanjaime como Ramiro Ramón Pujol como Ramón Martínez Pep Munné como Salvador Sunyer Pilar Martínez como Dolo Cedrick Mugisha como Ibra Ndiongue María Isabel Díaz Lago como Yessenia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial na páxina de Netflix

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua catalá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Netflix