Faustino Ande García nado en Caldas de Reis o 3 de setembro de 1868 e finado en Vigo o 13 de febreiro de 1950 foi un sacerdote que tamén realizou algúns traballos literarios. Traxectoria
Carreira eclesiástica Seus pais eran modestos comerciantes da vila termal. Ingresou aos 13 anos no seminario de Santiago, onde cursou toda a súa formación eclesiástica. O 17 de setembro de 1892 recibiu a ordenación de presbítero e a súa primeira misa o 27 do mesmo mes.
En febreiro de 1893 foi nomeado capelán do Hospicio de Santiago; exerceu o cargo ata agosto de 1895 no que foi designado coadxutor da parroquia de San Xurxo da Coruña. Obtivo o grao de Licenciado en Teoloxía e Dereito Canónico. En outubro de 1896 trasládase á diocese tudense, onde foi nomeado vicerreitor e profesor de Lugares Teolóxicos e Historia Eclesiástica do Seminario de Tui, e en marzo de 1901 ocupa o posto de ecónomo da parroquia de Santa María de Vigo, da que tomou posesión definitiva como abade o 15 de decembro de 1904. En 1905 foi nomeado arcipreste da cidade de Vigo e do Val de Fragoso.
Nos 49 anos que permaneceu á fronte da parroquia de Santa María converteuse en testemuña e protagonista da historia viguesa. Entre outros actos salientables foi o encargado de bendicir o estadio de Balaidos na súa inauguración en 1928.
Carreira literaria Como alumno do seminario de Santiago nas festas de San Tomé de 1891 e 1892 recitáronse poesías súas, tanto en castelán como en galego. En 1907 escribe a letra da muiñeira Mozos e mozas á que puxo música o organista de Santa María, José Torres Creo.Abreu Fernández 2002, p. 47 Esta obra estreouna o orfeón do Círculo Católico de Vigo, entidade da que firmara a acta fundacional en 1904 o propio Ande xunto a outros socios. En 1909 promoveu a subscrición popular para a compra dun novo órgano para a igrexa, que vai construír o organista Lope Alberdi, instrumento que levantou grande expectación na época e que se expuxo na Exposición Rexional de 1909 en Santiago de Compostela. En 1910 nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega.
Recoñecementos En 1942, ano en que conmemorou as súas vodas de ouro sacerdotais, como proba de afecto e premio ao seu intenso labor realizado durante tanto tempo, o Concello nomeouno fillo adoptivo de Vigo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Relixiosos católicos de España Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes