Barbarian é un filme estadounidense de 2022 dirixido e escrito por Zach Cregger. Foi producido por Arnon Milchan, Roy Lee, Raphael Margules e J.D. Lifshitz. Está protagonizado por Georgina Campbell, Bill Skarsgård e Justin Long. Conta a historia dunha muller que descobre que a casa de alugueiro que reservou foi accidentalmente reservada por outra persoa, sen saber un escuro segredo que se agocha dentro da vivenda.
Barbarian estreouse na San Diego Comic-Con o 22 de xullo de 2022, e nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de setembro de 2022 a través de 20th Century Studios. O filme recibiu críticas xeralmente positivas, con eloxios polo guión e a dirección de Cregger, así como polas actuacións do elenco. Recadou 45 millóns de dólares en todo o mundo cun orzamento de produción entre 4 millóns e 4,5 millóns de dólares.
Personaxes Georgina Campbell como Tess Bill Skarsgård como Keith Justin Long como AJ Matthew Patrick Davis como "The Mother" Richard Brake como Frank Kurt Braunohler como Doug Jaymes Butler como Andre Sophie Sörensen como Bonnie J.R. Esposito como Jeff Kate Nichols como Catherine Kate Bosworth como Melissa Brooke Dillman como nai de AJ Sara Paxton como narración do vídeo / asistente / Megan (voz) Will Greenberg como Robert Zach Cregger como Everett
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes rodados en Bulgaria Categoría:Filmes sobre pedofilia