Lobo viquingo (en ) é un filme noruegués de 2022 dirixido por Stig Svendsen, quen tamén escribiu o guión xunto con Espen Aukan. Está protagonizado por Liv Mjönes, Elli Rhiannon Müller Osborne, Arthur Hakalahti e Sjur Vatne Brean. O filme gravouse en Notodden, foi producido por Filmkamatene A/S e REinvent Studios e estreouse nos cinemas de Noruega o 18 de novembro de 2022.
Estreouse subtitulado en galego o 3 de febreiro de 2023 a través da plataforma de Netflix.
Sinopse Thale é unha moza de 17 anos que se traslada xunto coa súa familia dende Oslo a unha pequena vila onde a súa nai conseguiu un novo traballo na policía local. Despois de que unha estudante sexa asasinada brutalmente durante unha fiesta á que asistía Thale, ela convértese nunha testemuña clave.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego