Assari Bibang Ngui, coñecida como Asaari Bibang, nada en Malabo o 28 de xullo de 1985, é unha actriz, escritora, humorista e activista ecuatoguineana aveciñada en España.
Traxectoria Como actriz protagonizou a súa primeira película en 2010, Área de Descanso. En 2015 debutou como monologuista e realizou unha xira por España co seu espectáculo La negra batalla. Participou en Riot Comedy, o proxecto feminista da cómica Penny Jay, no festival de humor feminista Coñumor e en programas como La resistencia, Las que faltaban ou Comedy Central.
En 2021 Bibang presentou o seu espectáculo afrofeminista Humor Negra. Ese ano deu un monólogo durante a gala dos Premios Feroz no que criticaba a precariedade laboral e a situación das actrices cando cumpren anos, que a deu a coñecer entre o gran público. Ademais, colabora coa revista feminista Pikara Magazine e o diario El País.
Forma parte do equipo do podcast No hay negros en el Tíbet, de temática antirracista, xunto co produtor musical, beatmaker e locutor Frank T e o cómico e actor Lamine Thior.
Activismo Bibang é moi crítica cos papeis que se lles outorgan en España ás persoas negras e afrodescendentes, así como coas barreiras que as mulleres negras atopan se quixeren dedicarse á actuación en España. Critica o racismo non só da sociedade española, senón tamén da industria audiovisual.
Obra
2021 – Y a pesar de todo, aquí estoy
Filmografía AnoTítuloPapelNotas2011Área de descansoWambara2012EvelynElizabeth2016Centro médicoAdana2019La resistenciaEla mesma1 episodio2019Las que faltabanEla mesma1 episodio2020La mujer ilegalKhatia2021Premios FerozPresentadora2021¿Y si sí?Cómica2022No hay negros en el TíbetEla mesma
Premios e recoñecementos
2023 Premios Desalambre na categoría de activismo individual.
Notas
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Humoristas Categoría:Activismo social Categoría:Nados en Malabo