Lucux é unha asociación de usuarios de software libre de Lugo sen ánimo de lucro e co único fin de promover o uso do software libre en contornos tanto empresarial como persoal e a nivel provincial.
Obxectivos Os principais fins desta asociación son os seguintes:
A difusión e fomento do software libre. Ofrecer información sobre software libre entre a xuventude e interesados. Informar sobre as vantaxes do software Libre. Difundir e formar en novas tecnoloxías de información.
Para levar a cavo os fins anteriores, a asociación realiza ou realizará as seguintes actividades:
Organización de eventos: Talleres, xornadas etc. Conferencias e cursos de formación.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Asociacións informáticas Categoría:Software libre Categoría:Lugo Categoría:Asociacións de Galicia