O Gran Premio de Bahrain de 2023 (oficialmente Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 5 de marzo de 2023. Disputouse no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a primeira rolda da tempada de Fórmula Un e marca a décimo novena vez que se celebra o Gran Premio de Bahrain como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Antecedentes
O evento celebrouse durante a fin de semana do 3 ao 5 de marzo. Foi a primeira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. Tres pilotos fan o seu debut absoluto na "máxima categoría", Oscar Piastri con McLaren, Nyck de Vries con AlphaTauri e Logan Sargeant con Williams. Ademais dos debuts de Pierre Gasly con Alpine e Fernando Alonso con Aston Martin. O alemán Nico Hülkenberg regresa á serie con Haas despois de ser piloto de substitución en e .
Pneus dispoñibles
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C1, C2 e C3 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.
+ Pneus dispoñibles para Sakhir Pneus para pista seca Pneus para chuviaalt=Représentation des pneus durs|centro|55x55px Duros (Tipo C1)alt=Représentation des pneus medium|centro|sans_cadre|55x55px Medios (Tipo C2)alt=Représentation des pneus tendres|centro|55x55px Brandos (Tipo C3)55px|alt=Représentation des pneus intermédiairesIntermedios55px|alt=Représentation des pneus pluieChuvia
Cambios na pista O terceiro punto de activación do DRS moveuse máis adiante, situándose 250 m despois da curva 15.
Clasificación A cualificación celebrouse o 4 de marzo de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+3).
Pos.NºPilotoConstrctorTempo cualificaciónGrellaQ1Q2Q31 1 Max VerstappenRed Bull-Honda RBPT1:31.295 1:30.503 1:29.70812 11 Sergio PérezRed Bull-Honda RBPT1:31.479 1:30.746 1:29.846 23 16 Charles LeclercFerrari1:31.094 1:30.2821:30.000 34 55 Carlos SainzFerrari1:30.9931:30.515 1:30.154 45 14 Fernando AlonsoAston Martin-Mercedes1:31.158 1:30.645 1:30.336 56 63 George RussellMercedes1:31.057 1:30.507 1:30.340 67 44 Lewis HamiltonMercedes1:31.543 1:30.513 1:30.384 78 18 Lance StrollAston Martin-Mercedes1:31.184 1:31.127 1:30.836 89 31 Esteban OconAlpine-Renault1:31.508 1:30.914 1:30.984 910 27Haas-Ferrari1:31.204 1:30.809 Sen tempo1011 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes1:31.652 Lando Norris e Logan Sargeant marcaron idéntico tempo de volta na Q1. Norris avanzou á Q2 xa que logrou o tempo antes. 1:31.381 1112 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari1:31.504 1:31.443 1213 24 Guanyu Zhou1:31.615 1:31.473 1314 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT1:31.400 1:32.510 1415 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes1:31.461 Sen tempo 1516 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes1:31.652 1617 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:31.892 1718 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes1:32.101 1819 21 Nyck de VriesAlphaTauri-Honda RBPT1:32.121 1920 10 Pierre GaslyAlpine-Renault1:32.181 20107% tempo: 1:37.362Fonte:
Carreira A carreira celebrouse o 5 de marzo de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+3).
Informe da carreira Max Verstappen liderou con comodidade desde o principio, só perdendo a vantaxe durante a primeira rolda de paradas en boxes. Sergio Pérez foi lento ao comezo e perdeu o segundo posto ante un rápido inicio Charles Leclerc. Fernando Alonso e Lewis Hamilton loitaron na entrada da curva 4, Alonso foi golpeado polo seu compañeiro de equipo Lance Stroll, causando que os dous Aston Martin perdesen posicións. Alonso saíu a cabeza nunha batalla roda a roda con George Russell na volta 13, ambos pilotos perderon nas paradas en boxes ante Valtteri Bottas no Alfa Romeo.
Oscar Piastri retirouse despois de 13 voltas no seu debut na Fórmula Un cunha falla eléctrica. Mentres tanto, o seu compañeiro de equipo Lando Norris tamén tivo problemas co motor, esta vez co sistema hidráulico, que requiriu seis paradas en boxes para xestionar o problema. Esteban Ocon recibiu unha penalización de cinco segundos por aliñarse incorrectamente no seu lugar da grella. Non cumpriu os cinco segundos completos no box, e foi sancionado posteriormente con dez segundos de penalización, e despois con cinco segundos máis por exceso de velocidade no carril de boxes mentres cumpría a segunda penalización.
Pérez superou a Leclerc na volta 26, sendo Red Bull Racing o único equipo de carreiras punteiro que utilizou o pneumático brando nas dúas primeiras quendas. Despois da segunda rolda de paradas en boxes, Stroll, que estaba a correr co pulso e un dedo do pé rotos, superou a Russell cando este saíu do box con pneumáticos fríos, e Stroll entrara en boxes unha volta antes. Alonso e Hamilton enfrenáronse nunha batalla polo quinto lugar. Alonso superou a Hamilton na curva 4 na volta 37 antes de que un golpe de sobreviraxe na saída da curva de Alonso permitise que Hamilton o adiantase. Unha volta máis tarde, Alonso volveu a adiantalo na curva 10.
A carreira de Leclerc rematou na volta 40, co seu coche sufrindo un fallo mecánico mentres corría en terceiro lugar, saíndo o coche de seguridade virtual. Alonso superou a Carlos Sainz usando o DRS na baixada cara a curva 11 na volta 45. Mentres tanto, Pierre Gasly adiantou a Alexander Albon polo noveno lugar, logo de comezar último. Guanyu Zhou entrou en boxes na penúltima volta para montarr pneumáticos brandos, e marcou a volta rápida da carreira na última volta.
Verstappen logrou a súa primeira vitoria en Bahrain case 12 segundos por diante do seu compañeiro Pérez e deulle a Red Bull a súa primeira vitoria en Bahrein desde que Sebastian Vettel gañou no 2013. Alonso quedou terceiro, o seu primeiro podio desde o Gran Premio de Qatar de 2021 e o primeiro de Aston Martin desde o Gran Premio de Azerbaidján de 2021.
Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrella Puntos1 1 Max VerstappenRed Bull-Honda RBPT571:33:56.7361252 11 Sergio PérezRed Bull-Honda RBPT57 +11.9872183 14 Fernando Alonso57 +38.6375154 55 Carlos SainzFerrari57 +48.0524125 44 Lewis HamiltonMercedes57 +50.9777106 18 Lance StrollAston Martin-Mercedes57 +54.502887 63 George RussellMercedes57 +55.873668 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari57 +1:12.6471249 10 Pierre GaslyAlpine-Renault57 +1:13.75320210 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes57 +1:29.77415111 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT56 +1:30.8701412 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes56 +1 volta1613 20Haas-Ferrari56 +1 volta1714 21 Nyck de VriesAlphaTauri-Honda RBPT56 +1 volta1915 27Haas-Ferrari56 +1 voltaNico Hülkenberg recibiu unha penalización de 15 segundos por exceder os límites da pista1016 24 Guanyu Zhou56 +1 volta1317 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes55 +2 voltas11Ret 31 Esteban OconAlpine-Renault41Mecánica9Ret 16 Charles LeclercFerrari39Motor3Ret 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes13Eléctrico18Volta rápida: Guanyu Zhou (Alfa Romeo-Ferrari) – 1:33.996 (volta 56)Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos1 Max Verstappen252 Sergio Pérez183 Fernando Alonso154 Carlos Sainz125 Lewis Hamilton10Fonte:
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos1 Red Bull-Honda RBPT432 Aston Martin-Mercedes233 Mercedes164 Ferrari125 Alfa Romeo-Ferrari4Fonte:
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bahrain Categoría:Gran Premio de Bahrain de Fórmula 1