Gauradas, en latín Gauradas, en grego antigo Γαυράδας, foi un poeta grego autor dun epigrama incluído na Antoloxía grega escrito en dialecto dórico. Non se sabe nada do autor nin da súa época. As dúas primeiras liñas das seis que ten o epigrama din "Ἀχὼ φίλα μοι συγκαταίνεδόν τι.--τί"; "Ἐρῶ κορίσκας: ἁ δέ μ᾽ οὐ φιλεῖ.--φιλεῖ", onde a última palabra da liña se repite coma se dese unha respostaGauradas a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 232. Notas

Véxase tamén Bibliografía Albiani, Maria Grazia (Boloña). "Gauradas". Brill's New Pauly. Volumes de antigüidade editados por: Hubert Cancik e Helmuth Schneider. Brill Online, 2012. referencia 6 de maio de 2012 < http://referenceworks.brillonline.com/entries/brill-s-new-pauly/gauradas-e419610 > Categoría:Poetas de Grecia