Mariám Mariño Costales, nada en Vigo en 1965, é unha antropóloga galega.

Traxectoria Licenciouse en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela en 1993 especializándose na investigación en Antropoloxía feminista.

Traballa en exclusión e discriminación social, sexualidade, espazo, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades.

Investigou e publicou sobre a relación das mulleres e os museos, a presenza de mulleres nos rueiros urbanos, as organizacións de lesbianas e sobre o movemento feminista en Galicia.

Desde 2005 traballa nas liñas de igualdade do Consello da Cultura Galega, coordina o Álbum de Mulleres e a coordinación e edición d'A Saia. É coautora do informe Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia. Notas

Véxase tamén Outros artigos Álbum de mulleres Ligazóns externas no sitio web do Consello da Cultura Galega. A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+. Álbum de Galicia.

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Antropólogos de Galicia Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes