Tora! Tora! Tora! (トラ・トラ・トラ) é unha película épica estadounidense e xaponesa de xénero bélico estreada en 1970. Foi dirixida por Richard Fleischer, Kinji Fukasaku e Toshio Masuda, e producida pola 20th Century Fox, baseada no ataque xaponés a Pearl Harbor (Hawai, Estados Unidos), o 7 de decembro de 1941.
O título provén da expresión "Tora, tora, tora", o código utilizado pola Armada Imperial Xaponesa para anunciar o éxito en obter o factor sorpresa no devandito ataque. Tora (虎) literalmente significa "tigre", pero neste caso é un acrónimo de totsugeki raigeki (突撃雷撃, "ataque lóstrego").Tora. www.behindthename.com.
Sinopse O filme relata o ataque xaponés á base naval estadounidense de Pearl Harbor o 7 de decembro de 1941. "Tora! Tora! Tora!" era a frase en clave que utilizaban os xaponeses para indicar que se alcanzou o éxito tras a primeira onda dun ataque. A película reproduce de maneira meticulosa o ataque a Pearl Harbor, así como todos os feitos que lle precederon, tanto por un como por outro bando: por parte dos militares xaponeses, como e por que decidiron desencadear un ataque por etapas; pola outra parte, o feito de que algúns altos mandos do exército estadounidense, nos que reinaba o escepticismo e a excesiva confianza, ignorasen esta posibilidade dun ataque a grande escala.
Elenco A película inclúe un gran elenco de estrelas:
Martin Balsam como o almirante Husband E. Kimmel, comandante en xefe da frota do Pacífico. Sō Yamamura como o almirante Isoroku Yamamoto, comandante da frota xaponesa. Joseph Cotten como o ministro de guerra Henry Stimson. Tatsuya Mihashi como o comandante Minoru Genda. Takahiro Tamura como o tenente comandante Mitsuo Fuchida. E.G. Marshall como o coronel Rufus Bratton, xefe do servizo secreto do exército. James Whitmore como o vicealmirante William F. Halsey. Eijiro Ton como o vicealmirante Chuichi Nagumo. Jason Robards como o tenente xeneral Walter Short, comandante xeneral do exército dos Estados Unidos. Neville Brand como o sarxento de comunicacións que dende o seu escritorio alerta continuamente sobre o inminente ataque e reprende ao seu capitán cando sucede.
Características A obra fílmica está baseada en feitos históricos e trata de apegarse notábel e obxectivamente á realidade, sen escatimar en demostrar os erros de ambos os bandos. En canto ás actuacións dos personaxes, tanto Sō Yamamura como o almirante Isoroku Yamamoto, e Tatsuya Mihashi, como o capitán Fuchida polo lado xaponés, foron boas e proverbiais pois en especial Yamamura non era actor profesional. O actor Eijiro Ton interpretando ao vicealmirante Chuichi Nagumo amosou a actitude sobreprecavida e con absoluta falta de iniciativa que caracterizou a este mariño xaponés.
Os efectos especiais son excelentes se se toma en conta a época en que se fixeron. Preparáronse grandes modelos (aproximadamente de escala 1:35) do Nevada e o Arizona nun estanque xigante. Son notábeis as maquetas ben logradas do acoirazado Nagato e da ponte do portaavións Akagi usadas como set. Neste filme, a ponte-illa do Akagi é amosada a estribor, cando en realidade estaba a babor. Ademais, é amosado un portaavións clase Essex como un portaavións xaponés.
Os avións invasores Zero foron "personificados" por avións Texan, tal como se menciona na epígrafe da foto. Isto é polo parecido existente entre ambos os avións e porque, ao finalizar a guerra, os acordos de paz obrigaron ao Xapón a destruír calquera equipo militar que tivese. En consecuencia, destruíronse moitísimos Zero e ficaron moi poucos sobreviventes, que non eran suficientes para facer a película e que tampouco estaban en condicións de voar.
As escenas do ataque son destacadas, en especial o ataque ao campo Henderson e ao campo Bickman. A escena dos avións Curtiss P-40 facendo esforzos por atacar os Mitsubishi A6M Zero xaponeses é unha das escenas destacábeis da película.
Premios A película tivo cinco candidaturas ao premio Óscar, e recibiu o de mellores efectos visuais.
Notas
Categoría:Filmes de 1970 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Kinji Fukasaku Categoría:Filmes dirixidos por Richard Fleischer Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1939 Categoría:Filmes ambientados en 1940 Categoría:Filmes ambientados en 1941 Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes rodados en Honolulu Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes de 20th Century Fox