miniatura|Principais países produtores de granates.
Os granates son un grupo de silicatos que se utilizan desde a idade de bronce como pedra preciosa e abrasivo. O seu nome procede do latín granatum e fai referencia ao aspecto e cor dalgúns deles, semellantes aos grans da froita coñecida como granada (Punica granatum). A química dos granates é moi complexa. Considérase a existencia de series de composicións químicas intermedias entre uns extremos que son os que se consideran especies propiamente. Un exemplar dado recibe o nome da especie dominante, ou, se esta non se coñece con certeza, da serie. Así, podemos ter grosularia, andradita ou un granate da serie grosularia-andradita.
Todas as especies de granates posúen propiedades físicas similares e formas cristalinas, pero difiren en composición química. As diferentes especies son piropo, almandino, espesartina, grosularia (variedades da cal son a hessonita e a tsavorita), uvarovita e andradita. Os granates forman dúas series de solución sólida: piropo-almandino-espesartina (piralspita), co rango de composición [Mg,Fe,Mn]3Al2(SiO4)3; e uvarovita-grosularia-andradita (ugrandita), co rango de composición Ca3[Cr,Al,Fe]2(SiO4)3.
Propiedades físicas Propiedades As diferentes especies de granates atópanse en gran variedade de cores, incluíndo a vermella, laranxa, amarela, verde, púrpura, marrón, negra, rosa e mesmo case incoloro. Practicamente todas as cores, agás o azul; aínda que as máis prezadas en xoiaría son as de cor granate. As propiedades de transmisión de luz dos granates fan que algúns poidan usarse como xemas. O brillo dos granates pode ser vítreo ou resinoso. Debido a que a composición química dos granates varía, os enlaces atómicos nalgunhas especies son máis fortes que noutras. Como resultado, este grupo de minerais presenta un rango de dureza que vai desde 6,5 a 7,5 aproximadamente. As especies máis duras, como o almandino, adoitan utilizarse como abrasivos. miniatura|Unha mostra de granate cor vermella intensa.
Estrutura cristalina
miniatura|Estrutura cristalina dos granates. Os granates son nesosilicatos que teñen unha fórmula xeral X3Y2(Si O4)3. O lugar X é usado xeralmente por catións divalentes como (Ca2+, Mg2+, Fe2+) e o Y por catións trivalentes (Al3+, Fe3+, Cr3+) nunha estrutura octaédrica/tetraédrica con [SiO4]4− ocupando o tetraedro. Os granates encóntranse frecuentemente cristalizados en dodecaedros, mais tamén se poden encontrar como trapezoedros (icositetraedro deltoidal). Cristalizan no sistema cúbico (ou isométrico), tendo tres eixes de lonxitudes iguais e perpendiculares entre si. Os granates non mostran exfoliación, polo que a súa fractura é sempre irregular.
Especies de granates Segundo a IMA (Sociedade Mineralóxica Internacional), considéranse especies de granate os seguintes termos extremos: Nome Fórmula Sistema cristalográfico Grupo puntual Grupo espacial Almandino Fe2+3Al2(SiO4)3 isométrico mm Iad Andradita Ca3Fe3+2(SiO4)3 isométrico mm Iad Calderita Mn+23Fe+32(SiO4)3 isométrico mm Iad Espesartina Mn2+3Al2(SiO4)3 isométrico mm Iad Goldmanita Ca3V3+2(SiO4)3 isométrico mm Iad Grosularia Ca3Al2(SiO4)3 isométrico mm Iad Henritermierita Ca3Mn3+2(SiO4)2(OH)4 tetragonal 4/mmm I41/acd Hibschita Ca3Al2(SiO4)(3-x)(OH)4x (x= 0.2–1.5) isométrico mm Iad Katoíta Ca3Al2(SiO4)(3-x)(OH)4x (x= 1.5-3) isométrico mm Iad Kerimasita Ca3Zr2(Fe+3O4)2(SiO4) isométrico mm Iad Kimzeyita Ca3Zr2(Al+3O4)2(SiO4) isométrico mm Iad Knorringita Mg3Cr2(SiO4)3 isométrico mm Iad Majorita Mg3(Fe2+Si)(SiO4)3 tetragonal 4/m or 4/mmm I41/a or I41/acdMenzerita-(Y) Y2CaMg2(SiO4)3 isométrico mm Iad Momoiita Mn2+3V3+2(SiO4)3 isométrico mm Iad Morimotoita Ca3(Fe2+Ti4+)(SiO4)3 isométrico mm Iad Piropo Mg3Al2(SiO4)3 isométrico mm Iad Schorlomita Ca3Ti4+2(Fe3+O4)2(SiO4) isométrico mm Iad Toturita Ca3Sn2(Fe3+O4)2(SiO4) isométrico mm Iad Uvarovita Ca3Cr2(SiO4)3 isométrico mm Iad
De entre eles os máis abondosos,Base de datos de minerales: Granates. mindat.org. e os que poden observarse en coleccións e museos son:
{|border="1" align="" style="background:white" |- ! Nome do mineral||Cor||Fórmula química||Mostra |- | Piropo || de cor viño tinto a vermello sangue || Mg3Al2[SiO4]3||100px |- | Almandino || dourado || Fe3Al2(SiO4)3||100px |- | Espesartina || entre ámbar e ladrillo || Mn3Al2[SiO4] 3||100px |- | Grosularia || amarelo terroso. Variantes: hesonita e tsavorita || Ca3Al2(SiO4)3||100px |- | Uvarovita || de cor verde || Ca3Cr2[SiO4]3||100px |- | Andradita || de cor amarela ou azul escuro || Ca3Fe2(SiO4)3||100px
Estes seis granates puros teñen entre eles series de solución sólida substituíndo gradualmente uns metais por outros, o que produce os numerosos minerais deste grupo, que aparecen con certa frecuencia nos xacementos xeolóxicos, como son: {|border="1" align="" style="background:white" |- | Calderita || amarelo escuro ou amarelo-vermello || (Mn, Ca)3(Fe, Al)2(SiO4)3 |- | Goldmanita || de cor verde-parda || Ca3(V, Al, Fe)2(SiO4)3 |- | Hibschita || dun pardo case incoloro || Ca3Al2[(OH)6-1/(SiO4)1.5-2.5] |- | Katoíta || incolora a branca leitosa || Ca3Al2[(OH)8-6/(SiO4)1-1.5] |- | Kimzeyita || cor parda tirando a negro || Ca3(Zr, Ti)2[(Si, Al, Fe)O4]3 |- | Knorringita || verde azulado || Mg3Cr2[SiO4]3 |- | Majorita || pardo amarelado, cunha variante vermello púrpura || Mg3(Fe, Si, Al)2[SiO4]3 |- | Morimotoíta || cor negra || Ca3(Ti, Fe)2[(Si, Fe)O4]3
Importancia xeolóxica dos granates
miniatura|Granate var. espesartina, cidade de Putian, Prefectura de Putian, Provincia de Fujian, China Os granates son minerais claves para interpretar a xénese de varias rochas ígneas e metamórficas por medio da xeotermobarometría. A difusión de elementos é relativamente lenta nos granates comparados con moitos outros minerais e os granates son tamén relativamente resistentes á alteración. Entón, os granates individuais comunmente conservan a zonación composicional que se usa para interpretar o tempo e a temperatura na que creceron. Os grans de granate que teñen falta de zonación composicional interprétanse comunmente como unha homoxeneización por difusión, o cal ten implicacións no historial de tempo e temperatura da rocha matriz.
Uso dos granates Os granates transparentes e de cores intensas utilízanse como pedra semipreciosa de valor intermedio e nalgúns casos reciben nomes específicos. O "demantoide" é unha variedade de andradita de cor verde e é especialmente apreciado. Tamén se utilizan como xema o granate piropo, coñecido desde hai moitos séculos en Bohemia, e os exemplares transparentes de almandino.
Os granates utilízanse como abrasivo, dado que son máis duros e tenaces que o cuarzo.
Notas
Categoría:Silicatos Categoría:Xemas Categoría:Xoiaría