Cneo Cornelio Coso ou Gneo Cornelio CosoMünzer, F. (1900). «Cornelius (116)». RE Band IV, 1 (en alemán). (en latín: Gnaeus Cornelius Cossus) foi un político da gens Cornelia nos primeiros anos da República Romana, elixido cónsul no 409 a.C. con Lucio Furio Medulino. Tamén fora tribuno consular no 414 a.C.
Traxectoria
Familia Foi membro dos Cornelius Cossi, unha póla da gens patricia Cornelia. Era fillo de Aulo Cornelio Coso, cónsul no 428 a.C. e neto dun Marco Cornelio. O seu nome completa era Cnaeus Cornelius A.f. M.n. Cossus. Era irmán de Publio Cornelio Coso, tamén tribuno consular no 408 a.C.
Primeiro tribunato consular (414 a.C.) Cneo Cornelio foi elixido tribuno consular no 414 a.C. con Quinto Fabio Vibulano Ambusto, Lucio Valerio Potito e Marco Postumio Rexilense.Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 49.
No 415 a.C., os ecuos de Bola atacaron Labicum, un aliado de Roma. Ao quedar a cidade illada, os romanos capturaron a cidade dos ecuos e mentres discutían sobre o establecemento dunha colonia alí, os ecuos declararon a guerra á República romana e a reconquistaron e fortificaron. A seguir, o Senado decidiu entón encomendar o mando da campaña a Publio Postumio Albino Rexilense. Este, nunha campaña rápida, levou o exército á vitoria, e volveu tomar Bola pero converteu en inimigos aos seus propios soldados cando incumpriu a promesa de compartir con eles o botín da guerra.
Convocado de volta a Roma, produciuse unha acalorada discusión na asemblea cos tribunos da plebe, especialmente con Marco Sextio, quen ameazou con volver presentar a proposta do tribuno Lucio Decio para a división agraria de Bola, que fora bloqueada o ano anterior mais Marco Postumio, apoiado polos patricios, opúxose e ameazou con decimar o seu exército.Broughton 1951, p. 75 Cando a noticia do que estaba a suceder en Roma chegou ao campo militar, os soldados subleváronse. Marco Postumio manexou a situación con excesiva dureza, tanto que cando se produciron novos disturbios pola súa decisión de condenar a morte a algúns soldados, foi capturado xunto co seu cuestor, Publio Sextio e, ámbolos dous, foron apedreados e mortos polos seus propios soldados.Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 50.
Os tribunos da plebe impediron que os tribunos consulares abrisen unha investigación sobre o sucedido.
Consulado (409 a.C.) No 409 a.C., foi elixido cónsul xunto con Lucio Furio Medulino, como colega, xa no seu segundo mandato.Broughton 1951, p. 77 Grazas ás presións dos tribunos da plebe da gens Icilia, por primeira vez na historia da República Romana, foron elixidos tres cuestores plebeos: Quinto Silio, Publio Elio e Caio Papio.
Reforzados polo seu éxito, os tribunos opuxéronse unha vez máis ao alistamento, necesario para responder adecuadamente ás incursións de ecuos e volscos no territorio dos aliados latinos e hérnicos, coa esperanza de gañar máis concesións. Ao final chegouse a un acordo polo que se elixirían ao ano seguinte tribunos consulares, cuxos candidatos podían ser plebeos,Broughton 1951, p. 78 pero o Senado conseguiu impedir a participación de calquera representante dos Icilios.Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 54-55
Unha vez organizado o exército, os cónsules marcharon cara a Carvento, que fora conquistada polos volscos e os ecuos sen poder recuperala. En troques, conquistaron Verrugine,Broughton 1951, p. 77-78 no territorio dos volscos.Tito Lívio, Ab Urbe condita, IV, 55, 1-8
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista de cónsules da República romana
Categoría:Nados no século -V Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Finados no século -IV Categoría:Gens Cornelia