O Ilves Naiset Akatemia é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere, Finlandia. Trátase dun equipo de formación creado polo Ilves en 2023, cando comezou a competir na Naisten Suomi-sarja.

Traxectoria miniatura|O Ilves Akatemia fronte o Salo HT no Tesoman jäähalli en 2023. A principios do mes de xaneiro de 2023 o Ilves anunciou que inscribira un novo equipo para disputar na primavera dese mesmo ano a terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Suomi-sarja, na que tomaron parte os dez equipos peor clasificados da Naisten Mestis, a segunda categoría. O obxectivo do club era dar máis oportunidades de xogo ás xogadoras de hóckey sobre xeo, polo que a base do equipo foron principalmente rapazas dos equipos U18 e U15.

O equipo técnico escollido para o inicio do proxecto estivo integrado por persoas con experiencia e relación co club, estando liderado por Anna Pietilä, coordinadora do hóckey feminino na área de Pirkanmaa, así como por Rami Kujala, Janne Huurtela e Kari Uusimaa, que contaron co soporte de Marjo Voutilainen, adestradora do primeiro equipo. Pola súa banda, Tytti Uusimaa foi nomeada capitá, mentres que Sini Laineesta e Tilda Heimosta foron as vicecapitás.

O Ilves Akatemia debutou na Naisten Suomi-sarja o 15 de xaneiro de 2023 na súa visita ao Salo HT, partido que finalizou con derrota para o equipo de Tampere por 12-0. O seu primeiro partido como local tivo lugar o 29 de xaneiro no Hervannan jäähalli fronte ás Pelicans nunha nova derrota (0-3). A primeira vitoria do equipo non chegou ata o 26 de febreiro, cando o equipo derrotou por 11-2 ao Turku HC en Sentteri RK. Tilda Heimo foi a autora do primeiro gol do equipo o 21 de xaneiro durante o partido que enfrontou ao Ilves Akatemia fronte ao HIFK N18 en Helsinqui. Ao finalizar a tempada o equipo ocupou a derradeira posición da táboa cunhas soa vitoria e once derrotas, anotado só 22 goles e encaixando 116.

Estadio

Na súa primeira tempada o equipo non tivo unha sede fixa, senón que disputa os seus partidos como local en diferentes estadios de Tampere coñecidos polas persoas afeccionadas ao hóckey sobre xeo feminino e xuvenil da cidade, como o Hervannan jäähalli ou o Tesoman jäähalli.

Na súa segunda tempada o Ilves Akatemia xoga os seus partidos como local en Tesoma, mais tamén xoga ocasionalmente en Sentteri.

Personalidades Capitás A primeira capitá do equipo foi Tytti Uusimaa durante a tempada 2023 da Naisten Suomi-sarja, na segunda tempada do equipo a súa capitá pasou a ser Milja Kiiskilä.

Capitás de Ilves Akatemia Nome(s) Período Tytti Uusimaa 2023 Milja Kiiskilä 2023-

Adestradoras Na primeira tempada do equipo Anna Pietilä foi a encargada de dirixilo. O 14 de agosto de 2023 o equipo anunciaba na súa conta de Facebook que Tony Suoniemi sería o novo adestrador xefe para a tempada 2023-24, con opción a unha segunda.Benvida ao adestrador no perfil de Facebook do equipo

Adestradoras de Ilves Akatemia Nome(s) Período Anna Pietilä 2023 Tony Suoniemi 2023-2024 Jonna Satama 2024-2025 Ville Tolvanen 2025-

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas O Ilves Naiset Akatemia na sección de hóckey sobre xeo de Ilves ry

Categoría:Ilves Naiset