As eleccións parlamentarias leváronse a cabo en Estonia o 5 de marzo de 2023 para elixir aos 101 membros do Riigikogu.
O Partido do Centro dirixido por Jüri Ratas formou un goberno despois das eleccións parlamentarias de 2019, con Ratas como primeiro ministro. O seu goberno foi derrocado en xaneiro de 2021 logo dunha investigación por corrupción; Kaja Kallas do Partido Reformista formou posteriormente un goberno de coalición co Partido do Centro, aínda que caeu en xuño de 2022. Logo, Kallas formou un goberno con Isamaa e o Partido Socialdemócrata e permaneceu no cargo de primeiro ministro. En xaneiro de 2023, o Comité Electoral Nacional anunciou que se rexistraran 9 partidos políticos e 10 candidatos individuais para participar nas eleccións parlamentarias de 2023.
Durante o período da campaña, os temas discutidos mais extensamente foron a defensa e a seguridade nacional, debido á invasión rusa de Ucraína en 2022, e a economía. As persoas dos partidos políticos contendentes tamén participaron en debates organizados en xaneiro e febreiro de 2023. A votación en embaixadas estranxeiras tivo lugar do 18 ao 23 de febreiro, mentres que os votantes tiveron a opción de votar durante o período preelectoral do 27 de febreiro ao 4 de marzo.
Sistema electoral Os 101 membros do Riigikogu son elixidos por representación proporcional en doce distritos electorais plurinominais. Os escanos asígnanse empregando un método D'Hondt modificado. Os partidos deben superar un limiar nacional do 5 %, pero se o número de votos emitidos por un candidato individual supera ou iguala a cota simple (que se obtén ao dividir o número de votos válidos emitidos no distrito electoral polo número de mandatos no distrito), son elixidos.
Escanos por distrito electoral Distrito electoral Asentos 1 Distritos de Haabersti, Põhja-Tallinn e Kristiine en Talín 10 2 Distritos de Kesklinn, Lasnamäe e Pirita en Talín 13 3 Distritos de Mustamäe e Nõmme en Talín 8 4 Condados de Harju (excepto Talín) e Rapla 15 5 Condados de Hiiu, Lääne e Saare 6 6 Condado de Lääne-Viru 5 7 Condado de Ida-Viru 7 8 Condados de Järva e Viljandi 7 9 Condados de Jõgeva e Tartu (excepto Tartu) 7 10 Cidade de Tartu 8 11 Condados de Võru, Valga e Põlva 8 12 Condado de Pärnu 7
Resultados sinmarco|360x360pxPartidoVotos%Escanos± Partido Reformista 31.24 37 +3 Partido Popular Conservador 16.05 17 −2 Partido do Centro 15.28 16 −10 Estonia 200 13.33 14 +14 Partido Socialdemócrata 9.27 9 −1 Isamaa 8.21 8 −4 Esquerda Unida Estonia 2.39 0 0 Parempoolsed 2.30 0 Novo Verdes Estonianos 0.96 0 0 Independentes 0.96 0 0Votos nulos –––Total 1001010Votantes rexistrados/Participación 63.53 ––Fonte: 2023 - Fondation Robert Schuman
Resultados por Distrito Electoral Distrito Electoral ReformistaCentroConservadorIsamaaSocialdemócrataEstonia 200VerdesParempoolsedEsquerdaIndependentes%E%E%E%E%E%E%E%E%E%ENo. 131.4420.949.715.6110.0115.721.102.303.300.10No. 229.4429.059.115.418.6110.921.001.604.900.10No. 334.7318.9111.716.508.9114.211.102.101.900.00No. 440.0710.2114.638.317.1113.720.703.401.300.80No. 527.6111.2119.417.8013.9117.110.902.100.000.00No. 631.1113.4020.5213.707.508.710.503.001.500.20No. 714.1125.818.414.007.608.300.501.0014.9015.50No. 827.8210.2123.3111.9112.9210.700.802.100.000.30No. 930.439.2019.7112.019.0014.611.002.601.500.00No. 1035.947.3014.518.619.9118.411.702.001.600.00No. 1124.0513.4126.528.5112.3111.511.302.300.000.20No. 1229.5211.4126.0210.016.7012.820.802.200.700.00Total31.243715.281616.05179.2798.21813.33140.9602.3002.3900.960
Enquisas de opinión 1000px
Formación de goberno O partido reformista alcanzou un acordo de formación de goberno cos liberais de Estonia 200 e cos Socialdemócratas que terá 60 dos 101 do Parlamento, sendo aprobado polo mesmo o 12 de abril.
Notas
Categoría:Eleccións parlamentarias en Estonia Categoría:Eleccións celebradas en 2023