Eileen Ivers, nada en Nova York o 13 de xullo de 1965, é unha violinista estadounidense.

Traxectoria De pais irlandeses, Ivers creceu no Bronx e asistiu ao St. Barnabas High School. Durante a súa infancia pasou os veráns en Irlanda e comezou a tocar o violín aos nove anos, titorizada polo violinista irlandés Martin Mulvihill.Mullins, Emer. Fixo unha xira con Mick Moloney (músico e estudoso das raíces musicais americanas, irlandesas, galegas e africanas) e a súa banda Green Fields of America, fundada en 1977. Graduouse cum laude no Iona College de Nova York e completou un posgrao en Matemáticas.

Foi fundadora da banda Cherish the Ladies, coa que gravou varios discos e realizou xiras durante varios anos.

En 1994 publicou o seu primeiro álbum Eileen Ivers – Traditional Irish Music. En 1995, substituíu o violinista no espectáculo de danza e música tradicional irlandesa Riverdance de Bill Whelan e realizou varias xiras co grupo.

O seu violín eléctrico Barcus-Berry de cor azul inspirou o nome do seu álbum Wild Blue, lanzado en 1996. Posteriormente substituíuno por un electroacústico Zeta Strados, tamén de azul e feito segundo as súas especificacións pola empresa estadounidense Zeta Music Systems.

No ano 2000 participou no Festival de Ortigueira. En 2002 colaborou na banda sonora da película Gangs of New York, en 2003 actuou no Festival Intercéltico de Lorient. En 2005 participou no disco 25 de Milladoiro.

Discografía

Álbums solistas Eileen Ivers – Traditional Irish Music (1994) So Far (1979–1995) (1995) Wild Blue (1996) Crossing the Bridge (1999) Eileen Ivers and Immigrant Soul (2003) An Nollaig: An Irish Christmas (2007)

Colaboracións Riverdance: Music from the Show (1995) Song of the Irish Whistle de Joanie Madden (1996) The Fiddling Ladies de The Chieftains no álbum Tears of Stone (1999) Becoming de Micheál Ó Súilleabháin (1998) Celtic Solsticie de Paul Winter (1999) Lament for Stalker Wallace - Gangs of New York Soundtrack (2002) Seed (2003) New York Town de Black 47 no álbum New York Town (2004) 25. Álbum de Milladoiro (2005) Voice of Hope de Tommy Fleming Absolutely Irish, compilación de varios artistas (2008) Into the Deep: America, Whaling & The World de Brian Keane (2010) Banda sonora da serie de televisión Copper de Brian Keane (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas VIGOFOLK: Biografía de Eileen Ivers http://www.eileenivers.com/ Sitio oficial

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Violinistas Categoría:Violinistas dos Estados Unidos de América Categoría:Violinistas de Irlanda