Wendy Hall, nada en Londres o 25 de outubro de 1952, é catedrática de Ciencias da Computación na Universidade de Southampton, Inglaterra.
Traxectoria Wendy Hall estudou matemáticas na Universidade de Southampton. Traballou en multimedia e hipermedia. O seu equipo inventou o sistema Microcosm de hipermedia (antes de que existise a World Wide Web), o cal estivo comercializado como unha empresa, Multicosm Ltd.|access-date= requires |url= (help)
É presidenta do Ada Lovelace Institute e unha das especialistas en computación máis importantes do mundo, coñecida internacionalmente como experta do desenvolvemento da ciencia do web.
Hall é activista na defensa da igualdade de xénero na ciencia e a tecnoloxía, e unha das promotoras da creación do British Computer Society Women's Forum, unha das múltiples iniciativas que impulsou para sensibilizar sobre o papel das mulleres no ámbito da informática.
Premios e honras Hall foi nomeada Dama Comandante da Orde do Imperio británico (DBE) en 2009."No. 58929". The London Gazette (Supplement). 31 de decembro 2008. page=6
A Universidade de Castela-A Mancha creou uns premios na súa honra.
En 2023 foi investida doutora Honoris Causa pola Universidade Aberta de Cataluña.
Notas
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Southampton Categoría:Personalidades da informática