A Sociedad Hispano-Marroquí de Transportes (Hisma) foi unha empresa pantasma constituída en Tetuán o 31 de xullo de 1936. Estaba controlada polo goberno alemán do Partido Nazi e a súa finalidade era servir de tapadeira ao tráfico de armas cara o bando franquista durante a guerra civil española. O seu labor foi fundamental na operación para transferir unha parte do exército de África á Península Ibérica, tamén organizou o primeiro continxente alemán no bando franquista. As axudas de Hitler a Franco recibíanse a través de Hisma e eran compensadas coas exportacións feitas de España a Alemaña a través de Rowak (Rohstoff und Wareneinkaufgesellschaft), outra empresa ficticia alemá creada por orde de Hermann Göring e que funcionaba coma contrapartida de Hisma.

Categoría:Economía Categoría:Protectorado Español de Marrocos

de:Johannes Bernhardt#Compañía Hispano-Marroquí de Transportes Limitada