miniatura|Selo do Estado de Hawai, no que se amosa o lema.

Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono é unha expresión hawaiana pronunciada por primeira vez polo rei de Hawai Kamehameha III e adoptada en 1959 como lema do estado."§5-9 State motto". Hawai'i State Legislature.

A tradución máis comunmente adoptada é "a vida da terra perpetúase na rectitude",Kauanui, J. Kehaulani (2018). Paradoxes of Hawaiian Sovereignty: Land, Sex, and the Colonial Politics of State Nationalism . Duke University Press. Páxina 28. ISBN 978-0-8223-7196-0Kalama, C.; Kopper, D. K. (2011). "Native sovereignty encompasses 'aina, people, ways". En Honolulu Star-Advertiser. 3 de xullo. mais unha tradución alternativa, que se amosa en Thomas Square ao pé dunha estatua de Kamehameha III, é "A soberanía do reino continúa porque somos rectos"."Thomas Square". En Fokopoint. 2 de xaneiro de 2019. "Thomas Square". National Register of Historical Places.

Historia miniatura|O lema xa estaba presente no escudo do Reino de Hawai adoptado en 1845 durante o reinado de Kamehameha III. Esta secuencia foi pronunciada por primeira vez por Kamehameha III, o rei de Hawai, o 31 de xullo de 1843, en Thomas Square, Honolulu, cando os británicos devolveron a soberanía do Reino de Hawai grazas ás accións restauradoras do almirante Richard Darton Thomas, logo da breve toma do poder polo oficial da Royal Navy George Paulet.Hokowhitu, B. et al. (2020). Routledge Handbook of Critical Indigenous Studies. Capítulo 21. Routledge. ISBN 978-0-429-80237-9

En época moderna, a expresión foi moi utilizada tanto oficialmente polo Estado de Hawai —que a adoptou en 1959 como lema—, como con ánimo reivindicativo polos activistas a favor da soberanía hawaiana."Aswai'i Independent & Sovereign". Hawaii-nation.org

Significado miniatura|151x151px|O lema nun ¼ dólar da serie dos 50 estados dedicado a Hawai (2008)."¼ Dollar "Washington Quarter" Hawaii". Numista.com Algunhas das palabras que a constitúen teñen acepcións ou interpretacións diversas. En concreto, Ea non só significa "vida" ou "alento", senón tamén "soberanía"."ea". Hawaiian Dictionaries. Ulukau. Os activistas hawaianos sosteñen que Ea se refire especificamente á soberanía debido ás circunstancias en que se produciu o discurso de Kamehameha III, polo que unha tradución plausible sería "A soberanía da terra perpetúase na rectitude".DeYoung, C. P. (2019). Becoming Like Creoles: Living and Leading at the Intersections of Injustice, Culture, and Religion. Fortress Press. Páxina 62. ISBN 978-1-5064-5557-0

Pono, traducido comunmente como "rectitude", tamén pode ter connotacións de bondade, xustiza, orde ou completude."pono". Hawaiian Dictionaries. Ulukau.

ʻĀina, traducido adoito no lema como "terra","ʻĀina". Hawaiian Dictionaries. Ulukau. tamén ten un significado máis salientable no idioma hawaiano.Boggs, S. (1977). "Meaning of 'Aina in Hawaiian Tradition". University of Hawai'i at Manoa. Unha tradución máis acaída de ʻĀina sería "o que alimenta" e pode describir unha relación entre os nativos hawaianos e as illas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lemas dos Estados Unidos de América Bandeira de Hawai Selo de Hawai Himno de Hawai

Categoría:Símbolos de Hawai Categoría:Lemas nacionais Categoría:Lingua hawaiana Categoría:Movemento pola soberanía hawaiana