Acetone foi unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1992 nos Ánxeles, California, polos tres membros principais do grupo Spinout, formado en 1987. A banda estaba composta por Mark Lightcap na guitarra, Richie Lee no baixo e Steve Hadley na batería. Acetone disolveuse despois de que Lee se suicidase o 23 de xullo de 2001, con 34 anos de idade.

Entre as influencias do grupo estaban The Beach Boys, Gram Parsons e The Velvet Underground. Acetone estableceuse como un grupo de rock alternativo, pero a banda incorporou xéneros á súa música que ían dende a neopsicodelia ata o rock de raíces, pasando polo country.

Acetone ten tocado un feixe de veces dende a morte de Lee, destacando unha actuación con Hope Sandoval, vocalista de Mazzy Star, no ano 2017.

Discografía ÁlbumAnoSeloNotasAcetone1993Vernon Yard RecordsEPCindy1993Vernon Yard RecordsálbumI Guess I Would1995Virgin RecordsálbumIf You Only Knew1996Vernon Yard RecordsálbumAcetone1997Vapor RecordsálbumYork Blvd.2000Vapor RecordsálbumAcetone 1992-20012017Light in the Attic Recordsrecompilatorio

Notas

Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1992