O Ollapín é un ser da mitoloxía galega, un xigante ciclope, de gran forza e brutalidade que se alimenta de carne humana.
Características Está emparentado con outro ser mítico que pertence a categoría dos xigantesNo Dicionario dos seres míticos galegos non acreditan que sexa un xigante. como é o Olláparo, co cal comparte case todas as súas características, se ben a diferenza principal é a localización do ollo. No caso do Olláparo adoita ter un único ollo na fronte (por veces ten outro na caluga), pero no caso do Ollapín ese único ollo está situado ben no pescozo ou ben na caluga.http://mitoloxiagalega.blogspot.com/2015/11/
Afirmáse que vivía nos montes da comarca do Bolo ou CaldelasCuba, 181. ou en cavernas que pechaba con penedos enormes que só el podía mover. Estas grutas profundas estaban situadas nos montes de Ourense e de Lugo aínda que a súa presenza estendíase por toda Galicia. https://www.davidtebras.com/FantasiaCelta/ollaparo/
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Ciclope Fomoré Olláparo Xigante
Ligazóns externas Mitología Ibérica Galicia Encantada
Categoría:Mitoloxía galega