O tesouro de West Bagborough é un conxunto de 681 moedas romanas e 72 fragmentos do mesmo metal, de mediados do século IV d. C., achado en outubro de 2001 preto de West Bagborough, en Somerset, Inglaterra.
O achado Este depósito foi descuberto o 10 de outubro de 2001Abdy, R.; Minnitt, S. (2002) . por James Hawkesworth, un policía da localidade de Bishops Lydeard afeccionado ás procuras con detector de metais."Policeman digs up clues to ancient crime". En BBC. 4 de abril de 2002. Nas proximidades non se apreciaron rastros de edificios nin de ningún outro tipo de estrutura, do que se deduce que o conxunto se depositou nun lugar illado."39765: Excavation (2001), Coin Hoard, West Bagborough". Somersetheritage.org.ukMinnit, S. (2003).
O achado comunicóuselle inmediatamente ao xuíz de instrución de West Somerset, quen o puxo ao coidado do Museo do Condado de Somerset. Logo da correspondente investigación levada a cabo en Taunton, o conxunto foi declarado formalmente "tesouro" en abril de 2002,"15127: Roman coin hoard, West Bagborough". Somersetheritage.org.uk consonte a Lei do Tesouro de 1996, e valorouse en 40.650 libras.
O tesouro foi adquirido polos Servizos Museísticos do Condado de Somerset, co apoio financeiro do Consello do Condado de Somerset e do Heritage Lottery Fund. Ademais, outras entidades e particulares fixeon as súas doazóns, entre eles o Victoria and Albert Museum, que achegou 16.400 libras, a través do seu fondo de subvencións para a adquisición de recursos."Grants Listing: Towns & Cities S-Z". Purchase Grant Fund. Victoria and Albert Museum.
Logo da súa adquisición, o tesouro exponse no Museo de Somerset, nos terreos do castelo de Taunton.Minnit, S. (2003).
Contido Entre as 681 moedas de prata hai dous denarios de principios do século II, e oito miliarenses e 671 siliquas, todas elas do período 337-367 d.C. Entre elas hai arredor de 50 de copias, algunhas integramente de prata de boa lei e outras dunha aliaxe de cobre recuberta por unha lámina de prata.
Os fragmentos de prata que acompañaban as moedas deste tesouro pesan en conxunto 722 gramos."Comparison of Roman coin finds reported in the "Treasure Annual Reports" 1997-2001". Forumancientcoins.com Trátase de restos de prata fundida, vertida e cortada con cicel, logo de arrefriar.Minnit, S. (2003).
A datación das moedas indica que o tesouro foi soterrado cara a 365 d. C. A maior parte das moedas foron cuñadas nos períodos de Constancio II (337-361) e Xuliano (361-363), e proceden de diversas cecas imperiais romanas, como as de Arles e Lugdunum, en Francia, Tréveris en Alemaña, e Roma.
Na seguinte táboa reflíctese a distribución por períodos das moedas do achado:
+EmperadorPeríodoExemplaresTraxano98-1171Marco Aurelio139-1611Século II2Dinastía constantiniana307-363603Dinastía valentiniana364-39212(Incerto)161-18052
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Abdy, R.; Minnitt, S. (2002). "196: West Bagborough, Somerset: 669 Roman silver coins ". En Treasure Annual Report 2001. Department for Culture, Media and Sport. Páxina 97. Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794 Minnit, S. (2003). "West Bagborough Hoard of Roman Silver". En Somerset Archaeological and Natural History Society Newsletters. Nº 67.
Outros artigos
Tesouro
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos