miniatura|Retrato de Heorhiy Narbut feito polo pintor ruso Boris Kustodiev (1914). Heorhiy Narbut () nado en Narbutivka o 25 de febreiro de 1886 e finado en Kíiv o 23 de maio de 1920, foi o deseñador gráfico ucraíno máis importante do século XX. É tamén chamado Georgy Narbut e George Narbut.

Ilustrador de prensa e de libros, é coñecido por deseñar o escudo da República popular de Ucraína, así como dos seus billetes e selos postais. Era irmán dun senlleiro poeta do acmeísmo, Vladimir Narbut.

Traxectoria Heorhiy Narbut naceu na aldea Narbutivka, Imperio ruso (agora Ucraína), non lonxe de Hlukhiv. A súa familia descía da antiga nobreza lituana e o seu irmán, Vladimir Narbut, foi un senlleiro poeta do acmeísmo.miniatura|Proposta de escudo para a República Popular de Ucraína elaborada por Narbut en 1918.Aínda que na súa formación pictórica comezara sendo autodidacta, contra os vinte anos, estableceuse en San Petersburgo, onde morou entre 1906 e 1917. Alí estudou con pintores Ivan Bilibin e Mstislav Dobuzhinsky, e no 1909, Narbut continuou os seus estudos en Múnic, na escola de Simon Hollósy. Despois de que o seu regreso a San Petersburgo integrouse na organización Mir iskusstva. No 1910-1912 Narbut ilustrou os contos de fadas de Hans Christian Andersen, e as fábulas de Ivan Krylov, entre outros contos populares. En marzo do ano 1917, no contexto da Revolución de Febreiro, Narbut trasladouse a Kíiv, incorporándose pronto como docente da Academia Ucraína de Artes, da que chegaría a ser reitor. Foi nese tempo cando deseñou os billetes e selos da República Popular de Ucraína, recentemente fundada. Narbut tamén traballado nas revistas ucraínas: Nashe Mynule (O noso pasado), Zori (Estrelas), e Sontse Truda (O Sol do Traballo) entre outras. Morreu de tifo en 1920.

A bailarina Marina Berezowsky (1914-2011) era a súa filla, e destacou no ballet de Australia.Dally Messenger, "Great leader and teacher of dance", The Sydney Morning Herald, 13 July 2011. Retrieved 24 May 2016

Obras centro|miniatura|700x700px|

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Heorhiy Narbut: Founder of the Ukrainian graphic " na Ukranian Art Librery (en inglés) Álbum de Heorhiy Narbut (en inglés) Coleción de Heorhiy Narbut no Museo de Arte de Khárkiv en 1973. (en inglés)

Categoría:Finados por tifo Categoría:Artistas de Ucraína Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados en 1886 Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Nados en Ucraína