Maria Cornelia Vreeken, nada como Corry Bouwman (tamén coñecida como Corry Vreeken-Bouwman) en Enkhuizen (Países Baixos) o 22 de decembro de 1928 e finada o 26 de febreiro de 2025, foi unha xadrecista neerlandesa, nomeada Gran Mestra Feminina en 1987.

Traxectoria Nas décadas de 1960 e 1970 Vreeken era unha das mulleres xadrecistas máis destacadas do seu país. Gañou en cinco ocasións o Campionato Neerlandés de Xadrez Feminino (1960, 1962, 1964, 1966 e 1970). Participou tamén en varios torneos internacionais. Os seus mellores resultados logrounos en Emmen (1962), un 1º - 3º posto compartido en Beverwijk (1968) e o torneo zonal de Biel/Bienne (1980).

Vreeken participou en dúas ocasións nos Torneos Interzonais do Mundial Feminino de Xadrez:

En 1971 quedou en 14º lugar en Ohrid. En 1976 quedou en 10º lugar en Rozendaal.

Tamén xogou no equipo dos Países Baixos nas Olimpíadas Femininas de Xadrez:

En Split 1963, 1º taboleiro (+1, =5, -4) En Oberhausen 1966, 1º taboleiro (+5, =3, -2) En Medellín 1974, 1º taboleiro (+4, =4, -3) En Haifa 1976, 2º taboleiro (+4, =2, -3) En Buenos Aires 1978, 2º taboleiro (+5, =4, -2) Na Valeta 1980, 1º taboleiro (+4, =4, -3) En Lucerna 1982, 1º taboleiro (+2, =2, -6)

En 1968 recibiu o título de Mestra Internacional Feminina e en 1987 o de Gran Mestra Feminina.

Notas

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Xadrecistas dos Países Baixos Categoría:Nados en Enkhuizen