Cidadáns de Galicia (CIDEGA) é un partido galego que se autodefine como galeguista de centro rexistrado o 22 de outubro de 2006. Está dirixido por Adolfo Reymóndez, ex-concelleiro e presidente do Partido Popular de Galicia en Rianxo.
Presentouse ás eleccións municipais de 2007 na Estrada sacando dous concelleiros, que posteriormente, en agosto de 2009, deixaron o partido"Cidadáns de Galicia pide a la Xunta que anule la salida de su grupo de Reboredo y Torres", Silvia Pampín. Faro de Vigo, 9 de abril de 2010., incorporándose ao PPdG "O PPdeG refórzase na Estrada coas fichaxes de dous ex edís de Cidega", Vieiros, 10 de setembro de 2009.. A pesar do parecido dos nomes non ten relación orgánica ningunha con Ciutadans de Catalunya. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 preséntase en coalición con Vía Centrum Partido Demócrata.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.cidadansdegalicia.es
Categoría:Partidos políticos de Galicia