Qu'est-ce qu'on a encore fait au Bon Dieu ? é un filme franco-belga de 2019 dirixido por Philippe de Chauveron. É a continuación do filme Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ?. Conta a historia da familia Verneuil, unha parella católica francesa de clase alta interpretada por Christian Clavier e Chantal Lauby dunha provincia francesa e as súas catro fillas, que casaron con homes de diferentes razas e relixións.

O filme foi a produción francesa con maior recadación en Francia en 2019 e o terceiro filme de 2019 con maior recadación en Francia. Unha terceira entrega, Qu'est-ce qu'on a tous fait au Bon Dieu ?, estreouse en abril de 2022.

Estrea Qu'est-ce qu'on a encore fait au Bon Dieu ? estreouse en Francia e Bélxica o 10 de xaneiro de 2019. O filme recadou máis de 45 millóns de euros en base ás 7 millóns de entradas vendidas en Francia, o que o fixo bater un récord de catro anos para unha película en lingua local. O filme estreouse tamén nos cinemas de varios países, incluíndo Alemaña, Suíza e o Canadá.

Notas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes dirixidos por Philippe de Chauveron Categoría:Filmes ambientados en Francia