The Planter's Plantation é un filme camerunés de 2022 dirixido por Dingha Young Eystein. Foi escollido como candidato do Camerún para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Ambientada na década de 1960, conta a historia de Enanga, unha rapaza nova que loita contra a familia e a sociedade para preservar unha plantación que un membro do goberno colonial lle cedeu ao seu pai.
Personaxes Nimo Loveline como Enanga Nkem Owoh como Mr. Planter Loic Sumfor como Adamu Stephanie Tum como Miss Tosangeng Quinny Ijang como Mrs Planter Syriette Che como Georgiana Samson Vugah como Azang Lovert Lambe como Litumbe Lilian Mbeng como Matilda Irene Nangi como Mrs. Asong
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes do Camerún