Motel Valkirias é unha serie de televisión portuguesa-galega creada por Ghaleb Jaber Martínez para as cadeas públicas RTP1 (de Portugal) e TVG (de Galicia). Está protagonizada por Maria João Bastos, María Mera e Marina Mota. Estreouse en Portugal na RTP1 o 27 de febreiro de 2023, e despois chegou o 1 de marzo de 2023 a HBO Max en toda España, para despois estrearse o 6 de marzo de 2023 exclusivamente na TVG en Galicia.
Este western fronteirizo contou co apoio da Agadic, da Xunta de Galicia, de PIC Portugal, de Turismo de Portugal e a colaboración da Deputación de Ourense e da Cámara Municipal de Montalegre.
Trama As vidas de tres mulleres con grandes problemas persoais e económicos crúzanse de maneira fortuíta cando coñecen a Eligio (Miro Magariños), un cliente que transporta unha mercadoría valiosa. Así é como Lucía (María Mera), unha nai que foxe do seu exmarido, Eva (Maria João Bastos), unha actriz en declive e Carolina (Marina Mota), a dona do motel en bancarrota, únense nun plan que consiste en atopar o misterioso botín de Eligio. O que non saben estas tres mulleres é que a súa vida corre perigo porque a mercadoría pertence a unha perigosa banda dedicada ao branqueo de diñeiro: os Mendoza. Un clan que non dubida en ir tras elas para recuperar o que é seu, custe o que custe.
Elenco
Maria João Bastos como Eva Santana María Mera como Lucía Veiga Marina Mota como Carolina Carneiro
Produción A rodaxe de Motel Valkirias comezou no municipio galego de Teo en xaneiro de 2022. Outros puntos de rodaxe incluíron lugares das provincias de Ourense e A Coruña, así como Santiago de Compostela e a localidade portuguesa de Montalegre.
Lanzamento O 17 de febreiro de 2023, a RTP anunciou que Motel Valkirias se estrearía en Portugal en RTP1 e RTP Play o 27 de febreiro de 2023. O 20 de febreiro de 2023, confirmouse que a serie chegaría a HBO Max en toda España o 1 de marzo de 2023, antes da súa estrea en TVG o 6 de marzo de 2023. +NºTítuloDirixido porEscrito porData de estrea en PortugalData de estrea en Galicia1Capítulo 1Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber27 de febreiro de 20236 de marzo de 20232Capítulo 2Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber6 de marzo de 202313 de marzo de 20233Capítulo 3Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber13 de marzo de 202320 de marzo de 20234Capítulo 4Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber20 de marzo de 202327 de marzo de 20235Capítulo 5Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber27 de marzo de 20237 de abril de 20236Capítulo 6Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber3 de abril de 202310 de abril de 20237Capítulo 7Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber10 de abril de 202317 de abril de 20238Capítulo 8Alex Sampayo e Jorge QueirogaRaquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber17 de abril de 202324 de abril de 2023 En HBO MAX España os capítulos estreábanse 5 días antes que na TVG.
Capítulos
1. Carolina, Eva e Lucía chocan nun motel á beira da estrada na fronteira portuguesa. As tres acaban no cuarto de Elixio, un cliente que manexa moitos cartos, e que podería ser a solución a todos os seus problemas. 2. Lucía e Eva enterran o cadáver de Elixio, mentres que Carolina se libra das probas do crime. Carolina sabe que Eligio transportaba algo moi valioso e Lucía insiste en buscar a mercadoría pola vila. 3. O axente Salgado chega a Portugal para investigar a morte de Elixio en colaboración cos seus homólogos portugueses. O primeiro que fai é rastrexar o cuarto do motel Valkirias onde se hospedou a vítima. 4. Sen camión e sen probas do crime, os problemas remataron para Eva, Carolina e Lucía. As mulleres regresan ás súas vidas comúns: Eva vai a un casting para unha nova película e Carolina recibe potenciais compradores para o motel. 5. Luís Castro segue a única pista que lle deu Telmo e secuestra a Carolina co obxectivo de descubrir quen está detrás da morte de Elixio e descubrir o paradoiro do camión. Por desgraza, Eva tamén cae nas redes de Luís Castro. 6. Carolina, Eva e Lucía únense a Luís Castro no seu plan para seguir os pasos de Elixio antes da súa morte. Os catro están convencidos de que a vítima ocultaba algo máis que un camión cargado de cervexas. 7. No motel, Carolina, Eva e Lucía preparan o aniversario de Alicia sen saber que Raúl está a piques de chegar á cidade. Eva é presionada polo seu representante para falar nun programa de máxima audiencia sobre a filtración das súas fotos. 8. As tres mulleres deciden separar os seus camiños e volver ás súas vidas anteriores ante o inminente peche do motel. Pero os seus camiños vólvense cruzar cando Lucía e Eva son atrapadas en contra da súa vontade.
Premios
Premio Europeo Circom, 2023, en Donostia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial (RTP) Sitio web oficial (TVG) Motel Valkirias en FilmAffinity Motel Valkirias en Internet Movie Database
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023 Categoría:Series de televisión en lingua galega Categoría:Series de televisión en lingua portuguesa Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Portugal