Dan Graham, nado en Illinois o 31 de marzo de 1942 e finado o 19 de febreiro de 2022 foi un artista estadounidense.

Traxectoria Nado en Illinois, Estados Unidos, foi criado principalmente en Nova Jersey. A obra de Graham intégrase en movementos de arte moderna como minimalismo, arte conceptual e performances. Ademais, compuxo música rock, foi crítico de arte e arquitectura, escritor, escultor e foi colaborador de arquitectos e artistas.

Os seus Pavillons, en particular, foron ben aceptados e expostos por toda Europa e o Xapón, como na Documenta 7 (1982) de Kassel e no parque de esculturas do Museo Kröller-Müller de 1985 (Two Adjacent Pavillions).

Con todo, Graham non recibiu nos Estados Unidos o recoñecemento que fixeron os seus amigos e contemporáneos Robert Smithson, Gordon Matta-Clark, Vito Acconci, Sol Lewitt, Carl Andre, Dan Flavin e moitos outros.

Dan Graham viviu e traballou en Nova York.

Obra en Galiza Na illa das Esculturas de Pontevedra hai unha obra súa exposta titulada 'Pirámide'''. Segundo Antón Castro, comisario da mostra, esa peza é a única que non se fixo especificamente para a illa, senón que fora feita para a Bienal de Arte que se celebrou en 1988. Rematada a exposición, a Pirámide, realizada na Escola de Canteiros de Poio con granito rosa Porriño, foi precisamente para o concello do Porriño. Foi Antón Castro, de acordo co artista, o que a recuperou para integrala na exposición da illa das Esculturas en 1999.

Galería de fotos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Thomas Dreher: Plastische Modelle als Retrieveable Geschichtmetaphern . En: Artefactum, Anveres, Nr. 30/1989, setembro/outubro de 1989, páxs. 15–20, 48–50, (tradución ao inglés ao final do texto alemán). Rock My Religion: Writings and Projects 1965-1990 Dan Graham, Ed. Brian Wallis; (MIT Press 1994) ISBN 0-262-57106-4 Dan Graham Interviewas Dan Graham; (Hatje Cantz 1995) ISBN 3-89322-318-5 Dan Graham - Models to projects Dan Graham e Alexander Alberro; (Galería Marian Goodman 1998) ISBN 0-944219-13-6 Dan Graham: Catalog Raisonné Dan Graham, Eric de Bruyn, Benjamin Buchloh, Markus Muller, Marianne Brouwer e Corinne Deisens; (Richter Verlag 2001) ISBN 3-933807-31-X Dan Graham: Half Square Half Crazy'' de Dan Graham, Adachiara Zevi e Pietro Valle; (Charta 2005) ISBN 88-8158-520-0 Peter Lodermeyer, Karlyn De Jongh e Sarah Gold, Personal Structures: Time Space Existence, DuMont Verlag, Colonia, Alemaña, 2009.

Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Artistas dos Estados Unidos de América