Red de Emisoras del Movimiento (REM) foi unha cadea de radios españolas de titularidade pública, dependente da Secretaría Xeral do Movemento na Ditadura de Francisco Franco. Operativa entre 1954 e 1974, as súas emisoras eran denominadas "La Voz de..." e o nome da localidade.

Historia A REM naceu para agrupar as emisoras creadas baixo o patrocinio de FET de las JONS ao longo da década de 1940 e 1950, igual que se creou a Cadena Azul de Radiodifusión, pertencente á Frente de Juventudes, e a Cadena de Emisoras Sindicales, ligada ao Sindicato Vertical.

A maioría das emisoras da REM eran de ámbito provincial e a que actuaba como cabeceira era La Voz de Madrid. En Galicia contou coa emisora La Voz de Vigo (fundada en 1957) e La Voz de Ferrol (pechada en 1969). A REM foi promotora do Festival de Benidorm, fundado en 1959. En 1974 acabou sendo fusionada con outras redes públicas de radiodifusión para dar lugar a Radiocadena Española, que se integrou en RTVE antes de desaparecer en 1989.

Relación de emisoras Radio La Voz de Álava Radio La Voz de Alicante Radio La Voz de Andalucía, en Córdoba Radio La Voz de Cantabria, de Santander Radio La Voz de Castellón Radio La Voz de Cataluña, en Barcelona Radio La Voz de Extremadura, en Cáceres Radio La Voz de Guipúzcoa, en San Sebastián Radio La Voz de León Radio La Voz de Levante, en Valencia Radio La Voz de Madrid Radio La Voz del Mediterráneo, en Tarragona Radio La Voz de Navarra Radio La Voz de Palencia Radio La Voz del Principado de Asturias Radio La Voz de Valladolid Radio La Voz de Vigo Radio La Voz de Ferrol

Notas

Categoría:Emisoras de radio de España